Xesús Froiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Xesús Froiz Gómez" a "Xesús Froiz": Nome máis coñecido
Xas (conversa | contribucións)
m arranxiños e homónimos
Liña 1:
'''Xesús Froiz Gómez''', nado en [[Lalín]] o [[25 de agosto]] de [[1903]] e finado na [[A Estrada|Estrada]] o [[9 de outubro]] de [[1936]], foi un escritor, xornalista e político galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou no Seminario de Lugo, que abandonou por enfrontamentos coas autoridades eclesiásticas e retornou a Lalín. ColabououColaborou en ''[[La Zarpa]]'' e ''[[Verdad y Justicia (Lalín)|Verdad y Justicia]]''. Co pseudónimo “o cantor do bosque”,e publicou poemas en ''[[Eco de Galicia]]'' co pseudónimo “o cantor do bosque”. En 1928 fíxose correspondente de ''[[Faro de Vigo]]'' en Lalín. Colaborou cos republicanos dirixidos por [[Manuel Ferreiro Panadeiro|Manuel Ferreiro]] nas súas primeiras campañas en 1930. Coa proclamación da República noméanofoi nomeado garda municipal. SegueSeguiu colaborando na prensa local, formando parte da redacción do periódico ''[[Razón (Lalín)|Razón]]'', onde tamén asinaasinou poemas co pseudónimo de RECAREDO. ingresaIngresou no Grupo Galeguista de Lalín en 1934 e colaboracolaborou en ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' con poemas e artigos dirixidos ás Mocedades Galeguistas. Participou na campaña das eleccións de febreiro de 1936 e na do Plebiscito do Estatuto de Autonomía.
 
Ao producirse [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi detido o 4 de agosto. Torturado, permaneceu no cárcere ata que o 9 de outubro o sacaron da cadea xunto a Manuel Guillán Abalo; da Prisión de Silleda sacaron a Ramón Muíños Lorenzo e preto da Estrada, no quilómetro 23 da estrada Chapa-Carril, os tres foron asasínanos. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron.
 
== Véxase tamén ==