Frankenstein ou o moderno Prometeo: Diferenzas entre revisións

Novela de Mary Shelley en 1818
Contido eliminado Contido engadido
GZKZ (conversa | contribucións)
Nova páxina: "Frankenstein é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A ob..."
Etiqueta: Artigo sen formato wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2016 ás 19:20

Frankenstein é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos mais tarde.

Resumo

A obra conta a historia de Víctor Frankenstein, un científico obsesionado por retornar á vida a un corpo inerte. Tras obrar a milagre Frankenstein queda abobinado pola sua creación decide abandonala sua sorte. Está vai converterse no seu maior pesadelo.


Creación da obra

A obra nace na Villa Diodati de Xenebra, cando Lord Byron acompañado polo seu médico persoal John Polidori hospedou na sua residencia estival a Mary Shelley e ó seu home Percey Shelley, aínda que por aquel entón Mary e Percey ainda non estaban casados, el viña de ser desherdado polo seu pai tras abandoar a sua muller e fillos para poder estar coa sua amada de 16 anos. O ano 1816 pasou á historia como o ano sen verano, por culpa da erupción do volcán Tambora que enrareceu a atmósfera durante todo o ano. Confinados baixo o teito da vila, as conversas xiraban entorno ó galvanismo e outros temas relacionados co ocultismo. Os catro, acompañados eventualmente pola hermanastra de Mary, remataron por retarse nunha competición para saber quen era capaz de escribir a mellor historia de terror. So a obra de Shelley e o The Vampyre (O Vampiro) de Polidori chegarían a cristalizar. A propia autora explica moitos destes acontecementos no prólogo da propia obra.

Sobre estes eventos do verán de 1816 trata a película Remando al Viento do director ovetense Gonzalo Suárez, na que Lizzy McInnerny interpreta a Mary Shelley e Hugh Grant a Lord Byron.

Se ben Byron non chegou a escribir a sua historia de terror si que compuxo o poema The Darkness no que fala da escuridade deses días na Vila Diodati.

Repercusións da obra

A novela abre a porta da ciencia ficción e tanto por isto como polo seu magnetismo vai ser unha obra de referencia en moitos eidos culturais con multitude de adaptacións tanto a literatura, o cine e banda deseñada entre outras.