Metabolismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 217:
Existen múltiples niveis nos que se pode regular o metabolismo. Na regulación intrínseca, a ruta metabólica autorregúlase para responder a cambios nos niveis de [[substrato encimático|substratos]] ou produtos; por exemplo, unha diminución na cantidade de produtos pode incrementar o fluxo na ruta para compensalo.<ref name=Salter /> Este tipo de regulación adoita implicar unha [[regulación alostérica]] das actividades dos distintos encimas da ruta.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Fell D, Thomas S |título=Physiological control of metabolic flux: the requirement for multisite modulation |url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=7575476 |revista=Biochem J |volume=311 (Pt 1) |número= |páxinas=35-9 |ano=1995 |pmid=7575476}}</ref> O control extrínseco implica a unha célula nun organismo pluricelular, que cambia o seu metabolismo en resposta a sinais doutras células. Estes sinais son enviados xeralmente en forma de mensaxeiros como as [[hormona]]s e os [[Factor de crecemento|factores de crecemento]], que son detectados por [[Receptor celular|receptores celulares]] específicos na superficie da célula.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Hendrickson W |título=Transduction of biochemical signals across cell membranes |revista=Q Rev Biophys |volume=38 |número=4 |páxinas=321-30 |ano=2005 |pmid=16600054}}</ref> Estes sinais son transmitidos cara ao interior da célula mediante mensaxeiros secundarios que xeralmente implican a [[fosforilación]] de proteínas.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Cohen P |título=The regulation of protein function by multisite phosphorylation--a 25 year update |revista=Trends Biochem Sci |volume=25 |número=12 |páxinas=596-601 |ano=2000 |pmid=11116185}}</ref>
 
Un exemplo de control extrínseco é a regulación do metabolismo da glicosa por medio da hormona denominada [[insulina]].<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Lienhard G, Slot J, James D, Mueckler M |título=How cells absorb glucose |revista=Sci Am |volume=266 |número=1 |páxinas=86-91 |ano=1992 |pmid=1734513}}</ref> A insulina prodúcese como consecuencia dun aumento da concentración de azucre (glicosa) no sangue. A unión desta hormona aos [[receptor de insulina|receptores de insulina]] activa unha cascadafervenza de proteína-[[quinase]]s que estimulan a absorción de glicosa por parte da célula para transformala en moléculas de almacenamento como os ácidos graxos e o [[glicóxeno]].<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Roach P |título=Glycogen and its metabolism |revista=Curr Mol Med |volume=2 |número=2 |páxinas=101-20 |ano=2002 |pmid=11949930}}</ref> O metabolismo do glicóxeno é controlado pola actividade da [[glicóxeno fosforilase]], encima que degrada o glicóxeno, e a [[glicóxeno sintase]], encima que o sintetiza. Estes encimas son regulados dun modo recíproco, de modo que a fosforilación inhibe a glicóxeno sintase, pero activa á súa vez a glicóxeno fosforilase. A insulina induce a síntese de glicóxeno ao activar [[fosfatase]]s e producir unha diminución na fosforilación destes encimas.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Newgard C, Brady M, O'Doherty R, Saltiel A |título=Organizing glucose disposal: emerging roles of the glycogen targeting subunits of protein phosphatase-1 |url=http://diabetes.diabetesjournals.org/cgi/reprint/49/12/1967.pdf |revista=Diabetes |volume=49 |número=12 |páxinas=1967-77 |ano=2000 |pmid=11117996}}</ref>
 
{{VT|Hormona|Comunicación celular}}