Rubisco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m acento
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
Este enzima capta o [[dióxido de carbono]] procedente do aire e un azucre existente na célula chamado RuDP ([[ribulosa 1,5-bifosfato|ribulosa 1,5-difosfato]] ou RuBP - ribulosa bis-fosfato). A reacción entre estes dous reactivos dá orixe a dúas moléculas do azucre PGA ([[3-fosfoglicerato]]). A RuBisCO é así responsábel do primeiro paso do [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da fotosíntese, en concreto da [[fixación do carbono|fixación do dióxido de carbono]] na súa forma orgánica.
 
É importante dicir que a reacción pode acontecer tanto con dióxido de carbono coma con osíxeno molecular (O<sub>2</sub>). Cando o osíxeno é absorbido, o proceso é parte da respiración celular, sen absorción de carbono. Algunhas plantas (arredor do 5% das plantas existentes na [[Terra]]), utilizan un proceso intermedio e máis selectivo para a absorción do dióxido de carbono, evitando o contacto directo co osíxeno do ar típico do "proceso rubisco" (ás veces chamado [[fixación do carbono C3|C3]]), co proceso chamado C4 ou o [[fotosíntese CAM|CAM ("Crasulacean acid metabolism")]]. O C4 usa estruturas dentro da [[célula]] e un sistema bioquímico de transporte que envolve [[moléculas]] con 4 átomos de carbono (así o nome de C4). O CAM é usado por plantas en ambientes moi áridos, nos que os estomas só abren á noite, co fin de economizar auga, que se perdería por evaporación se estes ficasen abertos durante o día. Así, á noite, absorben o dióxido de carbono en moléculas de 4 carbonos que fican almacenadas en [[vacúolo]]s para seren utilizadas durante o día.
 
Os procesos [[fixación do carbono C3|C3]], [[fixacion do carbono C4|C4]] e [[fotosíntese CAM|CAM]] teñen vantaxes e desvantaxes. O C3 é máis directo, empregando cerca de 18 [[Adenosín trifosfato|ATP]] para fixar cada molécula de dióxido de carbono, mais necesita concentracións máis altas de dióxido de carbono e auga. O C4 require máis estruturas e máis enerxía (30 ATP), porén traballa con concentracións de dióxido de carbono máis baixas na atmosfera e é máis axeitado para ambientes secos. O CAM é usado en ambientes predominantemente áridos, mais fixa pouco [[dióxido de carbono]], levando a taxas baixas do medre das plantas.
 
Existe aínda un cuarto proceso, chamado pirenoide, que é usado polas algas e plantas acuáticas ''Ceratophyllaceae''.