Ácido 3-fosfoglicérico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 59:
 
==Ciclo de Calvin==
No [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da [[fotosíntese]] o 3-fosfoglicerato é unha molécula chave. Cando se incorpora (fixa) unha molécula de CO<sub>2</sub> á [[ribulosa 1,5-bifosfato]] esta xera unha molécula inestable de 6 carbonos, que axiña rompe orixinando dúas moléculas de 3-fosfoglicerato. Este 3-fosfoglicerato é a primeira molécula estable que incorpora carbono na [[fotosíntese C3]], que se chama C3 porque o 3-fosfoglicerato ten 3 carbonos. Despois o 3-fosfoglicerato redúcese a [[gliceraldehido 3-fosfato]], previa formación de [[1,3-difosfoglicerato]], continuando as reaccións do ciclo de Calvin <ref name=Lehninger/>.
 
Cando na planta se produce [[fotorrespiración]], despois da [[fixación do carbono|fixación do CO<sub>2</sub>]] só se forma unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas), xunto con outra de [[fosfoglicolato]]. Esta última inicia as reaccións da fotorrespiración.