Sistema nervioso central: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
*Foramen > forame, agás nos latinismos como "foramen magnus".
Liña 70:
* [[Linfoma cerebral primario]]: En aumento por asociación con SIDA. A maioría das lesións son células B, as de células T son excepcionais. Son lesións agresivas con mala resposta a [[quimioterapia]]. Son tumores multifocais e mal delimitadas situados xeralmente na [[substancia gris]] fonda, substancia branca e cortiza, con ocasional diseminación periventricular. Mellor delimitados que os astrocitomas, presenta de [[necrose]] central. Inclúen o linfoma de células grandes anaplásicos, células pequenas non fendidas e sarcoma inmunoblástica.
* [[Tumor de células xerminais]]: aparecen ao longo da liña media, rexión pineal e supracelar. Alta incidencia en aciáticos. Maiormente en adolescentes e adultos novos, predominio en homes. O xerminoma do SNC é o equivalente ao [[seminoma]]. Diseminación a través do LCR. Tratamento con quimioterapia e radioterapia.
* [[Meninxioma]]s: predominantemente benignos, derivan das células meninxoteliales da [[aracnoide]], con predominio en mulleres con relación 3:2. A localización máis frecuente en convexidades cerebrais, [[duramadre]] que recobre a convexidade lateral, á do [[esfenoide]], suco olfactorio, [[esfenoide|cadeira turca]] e ''[[foramen magnomagnum]]''. Na medula espiñal a relación é de 10:1 con predominio en mulleres. Son tumores de crecemento lento con signos de [[hipertensión endocranial]]. Estes tumores expresan a miúdo receptores para a [[proxesterona]], polo que durante o [[embarazo]] tenden a crecer con rapidez. Teñen un factor xenético por [[deleción]] do brazo longo do [[cromosoma 22]]. Son masas redondeadas con base na duramadre e de consistencia elástica que poden infiltrar o óso con engrosamento óseo localizado. Os meninxiomas malignos son moi infrecuentes e poden ser difíciles de identificar.
* [[Schwannoma]], como o indica o seu nome, derivan das [[célula de Schwann|células de Schwann]], aparecendo como lesións encapsuladas, ben delimitadas formadas por células alargadas con extensións citoplasmáticas en fascículos con moderada a alta celularidade con escasa matriz de [[estroma (tecidos)|estroma]]. Ocasionalmente poden ser máis densos formando microquistes.
* [[Neurofibromas]], aparecen de forma esporádica, poden ser solitarios ou múltiples formando lesións cutáneas en forma de nódulos, ás veces hiperpigmentadas.