Illa de Santo Antón, A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*San Antón > Santo Antón.
Liña 27:
}}
 
A '''Illa de SanSanto Antón''' (''A Illa do Santo'') é unha illa galega da [[A Coruña|Coruña]], situada xusto no porto da cidade vella. Trátase dunha das estampas máis coñecidas da cidade herculina.
 
A pesar do seu reducido tamaño (1,1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construída na década de 1940, á cidade.
 
A finais da idade media existía xa na illa unha pequena ermida dedicada a [[Antón Abade|SanSanto Antón]] na que se recollía e atendía aos navegantes enfermos. Posteriormente converteuse (como outras illas galegas) en lazareto. Coa concesión, por parte de [[Carlos I de España|Carlos I]], da [[Casa de Contratación de Especias]], o porto da Coruña converteuse nun obxectivo para os inimigos da Coroa, polo que o Rei ordenou unha serie de medidas para reforzar as defensas da cidade, entre elas a construción dunha fortaleza na illa, o [[Castelo de Santo Antón]], construción que comezaría no ano 1587.
 
En 1590, durante o ataque de [[Francis Drake]], as novas baterías do castelo mostráronse moi efectivas na defensa da cidade polo que [[Felipe II de España|Felipe II]] ordenou ao seu arquitecto que continuase e finalizase as obras do castelo. A fortaleza foi dada por terminada no ano 1590, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre.