Florianópolis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: categoría
m →‎Historia: espazo
Liña 41:
 
No século XIX, Desterro foi elevada á categoría de cidade; capital da Provincia de Santa Catarina en [[1823]], inaugurou un período de prosperidade, co investimento de recursos federais. Proxectouse a mellora do porto e a construción de edificios públicos, entre outras obras urbanas. A modernización política e a organización de actividades culturais tamén destacaron, marcando inclusive os preparativos para a recepción do Emperador [[Pedro II de Brasil|Don Pedro II]] ([[1845]]).
 
 
Coa chegada da [[República]] ([[1889]]), as resistencias locais ó novo goberno provocaron un distanciamento do goberno central e a diminuición dos seus investimentos. A vitoria das forzas comandadas polo Mariscal [[Floriano Peixoto]] determinaron en [[1894]] o cambio do nome da cidade a Florianópolis, en homenaxe a este oficial. A cidade, ó entrar no [[século XX]], pasou por profundas transformacións, sendo a construción civil un dos seus principais soportes económicos. A implantación das redes básicas de enerxía eléctrica e do sistema de fornecemento de auga e da rede de sumidoiros sumáronse á construción da Ponte Governador Hercílio Luz, como marcos do proceso de desenvolvemento urbano.