Campo Grande, Mato Groso do Sur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 49:
 
===O concello===
A vila e a rexión foron atraendo novos habitantes, que procedían de [[Estado de San Paulo|San Paulo]], [[Rio Grande do Sul]], [[Estado do Paraná|Paraná]] e [[Nordestenordeste]], entre outros. Despois de diversas presións e requirimentos veciñais, o goberno estatal promulgou a lei que lle concedía a condición de concello e pasaba a denominarse Campo Grande o [[26 de agosto]] de [[1899]]. A principal fonte de riqueza nesa altura era o [[leira|agro]] e a [[gandería]], en especial grandes facendas de [[vacún]], pois este era un punto de distribución de gando cara ao Triángulo Mineiro e a [[Paraguai]]. Sobre a rota do gando construíuse en [[1900]] a primeira estrada do concello, que o ligou cos cavorcos do [[río Paraná|Paraná]], e de aí con San Paulo.
 
A partir de [[1909]] comezan as obras de modernización da vila, dirixidas nun comezo por Temístocles Pais de Sousa Brasil, e foi daquela cando se construíu a praza maior e cando se trazaron as principais rúas e avenidas. En [[1916]] chegou a [[luz eléctrica]] e en [[1918]] Campo Grande é nomeado cidade. O tren chegou en [[1914]] a través da [[Estrada de Ferro Noroeste do Brasil]], da compañía [[RFFSA]], que aumentaba as conexións da cidade co estranxeiro ([[Bolivia]] e [[Paraguai]]). En [[1921]] converteuse tamén en capital militar, ao recibir o acuartelamento da novena rexión do exército brasileiro. Nesa altura comezou tamén un importante movemento inmigratorio de [[Xapón|xaponeses]], [[Arabia|árabe]]s e [[armenia|armenios]]. En [[1930]] xa tiña uns 12.000 habitantes.