Estreito de Rande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10:
Na zona máis angosta o estreito ten unha largura de 660 [[metro]]s. A profundidade é de entre 20 e 30 metros.<ref name=GEG>Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.</ref> Pola beira da [[península do Morrazo]], ocupa territorios da parroquia de [[Domaio, Moaña|Domaio]], no concello de Moaña, e de [[Cobres, Vilaboa|San Adrián de Cobres]] no concello de [[Vilaboa]]. Porén, a densidade de poboación arredor do estreito é pequena, xa que a irregularidade do relevo propiciou que non se desenvolvesen grandes núcleos na zona.
 
A característica principal do estreito é a existencia dunha ponte que conecta os dous extremos, a [[ponte de Rande]]. Esta ponte constitúe unha infraestrutura pertencente á autoestrada [[AP-9]], que tamén se estende por ámbalas beiras do estreito. Ademais da ponte, a pegada humana limítase a diversas construcións residenciais na beira do mar. Nun tempo houbo fortíns defensivos en ámbalas beiras (fortalezas de Corveiro e de Rande). Nas zonas máis elevadas predomina a vexetación non autóctona, coma [[piñeiro]]s e [[eucalipto]]s, así coma [[mato]]s e outros arbustos.
 
O [[solo]] é caracteristicamente de tipo [[granito|granítico]], e forma desniveis en forma de [[cantil|cantís]] de varios metros sobre o nivel do mar. Na beira sur hai dous pequenos [[praia|areais]], a [[Praia de Rande]] e a [[Praia das Cabanas]].<ref>{{Cita web |url=http://www.xunta.es/litoral|título= Estreito de Rande|autor= Plan de Ordenación do Litoral de Galicia|data= |obra= |editor= Xunta de Galicia|dataacceso=23 de xaneiro de 2014}}</ref>