Christopher McCandless: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
'''Christopher Johnson McCandless''', nado en [[El Segundo]] ([[California]]) o [[12 de febreiro]] de [[1968]] e finado en [[Stampede Trail]] ([[Alasca - Alaska|Alasca]]) a mediados de agosto de [[1992]], foi un [[EUA|estadounidense]] que faleceu preto do [[Parque Nacional Denali]] logo de camiñar en solitario en medio do deserto de Alaska con escasa comida e equipo. A súa biografía acadou sona logo da publicación en [[1996]] do libro de [[Jon Krakauer]] ''[[Into the Wild]]'', baseado na súa vida, que á súa vez foi levado ao cine en [[2007]] na película ''[[Into the Wild (filme)|Into the Wild]]'', dirixida por [[Sean Penn]] e protagonizada por [[Emile Hirsch]].
 
== Traxectoria ==
=== Mocidade ===
McCandless criouse en [[Annandale]] ([[Virxinia]]). O seu pai, Walt McCandless, traballou para a [[NASA]] coma especialista en antenas, e a súa nai, Wilhelmina ‘Billie’ Johnson, era a secretaria do seu pai, co que máis tarde fundou unha compañía consultora.
 
Xa de cativo os seus mestres notaron que Chris tiña unha vontade inusualmente férrea, á que sumou co tempo un intenso idealismo e gran resistencia física. Na escola secundaria foi capitán no equipo de atletismo, onde instou aos seus compañeiros a correr coma se se tratase dun exercicio espiritual, no que estaban correndo "contra as forzas da escuridade (...), contra todo o mal no mundo, todo o odio".
Liña 18:
O seu diario de vida contén entradas de 113 días, nos que relata a súa mudante fortuna. Logo de vivir con éxito no autobús durante varios meses, Chris decidiu saír en xullo, pero atopou o sendeiro bloqueado polo [[río Teklanika]], que daquela estaba considerablemente máis crecido que cando o cruzara en abril.
 
O [[6 de setembro]] de 1992, dous excursionistas e un grupo de cazadores de alces atopou unha nota na porta do autobús co seguinte texto:
 
''Attention possible visitors. S.O.S. I need your help. I am injured, near death, and too weak to hike out of here. I am All Alone, this is <u>no</u> <u>joke</u>. In the name of God, please remain to save me. I am out collecting berries close by and shall return this evening. Thank you, <u>Chris McCandless</u>. August?''
Liña 34:
 
== Neglixencia citadina ==
Aínda que Krakauer e os seus lectores teñen unha visión simpatizante con McCandless, algúns habitantes de [[Alasca - Alaska|Alaska]] manteñen unha visión máis ben negativa de McCandless e daqueles que tinguen a súa vida coma "romántica". Debido ao feito de non ter ningún mapa, McCandless estaba desinformado da existencia dun vagón colgante a 400 metros de onde non puido cruzar o río Teklanika (dispositivo colgante dun cable de aceiro para cruzar o río usando poleas), e tamén da existencia de cabanas abastecidas con subministracións de emerxencia a uns 10 &nbsp;km ao sur do autobús, se ben estes últimos estaban destruídos e os subministracións estragados, probablemente por obra do propio McCandless, como se detalla no documentario de Lamothe.
 
O garda forestal Peter Christian, do [[Alaskan Park]], escribiu: ''Estou decote exposto ao que chamo o "Fenómeno McCandless". Son case sempre homes novos os que veñen a Alaska para desafiarse a si mesmos contra unha paisaxe deserta, onde o acceso é difícil e as posibilidades de rescate son practicamente inexistentes. […] Cando vostede considera o que fixo McCandless, desde a miña perspectiva, vese axiña que foi simplemente tonto, tráxico, e desconsiderado. Primeiro, empregou moi pouco tempo na aprendizaxe de como era realmente a vida salvaxe. Chegou ao [[Stampede Trail]] incluso sen un mapa da área. Se tivese un mapa podería saír sen dificultades. […] Esencialmente, Chris McCandless suicidouse''.
Liña 46:
* [http://www.christophermccandless.info Christopher McCandless] Páxina web sobre a súa vida {{en}}.
 
{{ORDENAR:McCandless, Christopher}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:McCandless, Christopher}}
[[Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Nados en 1968]]