Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Fluctuar > flutuar.
Liña 73:
 
* En novembro de [[1989]] o economista británico [[John Williamson (economista)|John Williamson]] incluíu nun documento de traballo unha lista de dez políticas que consideraba máis ou menos aceptadas polos grupos económicos con sede en Washington e titulouno o ''[[Consenso de Washington]]'' (''Washington Consensus''). para algunhas persoas representan os puntos craves da globalización, con todo ambas cousas non son o mesmo.
 
* A creación en 1995 da [[Organización Mundial do Comercio]] (OMC) é un dos momentos decisivos da globalización. Por estar integrada pola maioría dos países da poboación mundial: propiedade intelectual, regulación de empresas e capitais, subsidios, tratados de libre comercio e de integración económica, réxime de servizos comerciais (especialmente educación e saúde), etc.
 
* Crises económicas: tequila, dragón, vodka, samba, tango: A velocidade e liberdade alcanzada polos capitais para entrar e saír de países e empresas está asociada a unha serie de crise eco-financeiras locais de impacto global. A primeira da serie produciuse en México en 1994/1995 e o seu impacto global coñeceuse como [[Crise económica de México de 1994|efecto Tequila]]. Con posterioridade producíronse a crise asiática en 1995/1997 ([[Crise financeira asiática de 1997|efecto Dragón]]), a crise rusa en 1998 ([[Crise financeira rusa de 1998|efecto Vodka]]), a crise brasileira en 1998/1999 ([[efecto Samba]]) e a crise arxentina en 2001/2002 ([[Crise de decembro de 2001 na Arxentina|efecto Tango]]). As reiteradas crises económicas xerou unha ampla discusión sobre o papel desempeñado polo [[Fondo Monetario Internacional]].
 
* Detención de Pinochet e creación da [[Corte Penal Internacional]]: En outubro de 1998 o ex-dictador de [[Chile]], [[Augusto Pinochet]], foi detido en Londres acusado en España por tortura e terrorismo. O 24 de marzo de 1999 o [[Cámara dos Lords|Tribunal dos Lores]] do [[Reino Unido]] resolveu que Pinochet podía ser extraditado, aínda que finalmente a extradición non foi completada debido á suposta demencia do comandante. O feito é destacado como un punto de inflexión na globalización dos dereitos humanos.
 
* Simultáneamente en 1998 asinouse o Estatuto de Roma creando a Corte Penal Internacional, que entrou en vigor o 1 de xullo de 2002 logo de alcanzar a cantidade de ratificacións necesarias. En 2003 a Corte penal Internacional quedou constituída. O principal problema para o funcionamento da mesma é a posición dos Estados Unidos, oposto a súa xurisdicción.
 
* Ingreso da China na OMC: En 2001 ([[Rolda de Doha]]) e logo de 15 anos de duras negociacións, [[República Popular da China|China]] ingresou na OMC. Deste xeito o país máis poboado do mundo (22 % da humanidade), quinta economía mundial e a de maior crecemento nos últimos 30 anos, incorporouse plenamente ao mercado mundial. Os enormes desprazamentos de capital e traballo que está causando a economía chinesa, así como as consecuencias para o sistema mundial que terá a vinculación dunha xigantesca e puxante economía de "[[economía de mercado socialista|mercado socialista]]" (ver tamén [[socialismo de mercado]]) co sistema capitalista mundial, son discutidas apasionadamente polos estudosos de todo o mundo. Existe con todo un amplo consenso de que China, e o seu crecente liderado económico en Asia, está impulsando un proceso histórico que será determinante no curso do século XXI e a orientación da globalización mundial.
 
* Os [[atentados do 11 de setembro de 2001]], contra o Centro Mundial de Comercio ([[World Trade Center]]) de Nova York e [[o Pentágono]], transmitidos en vivo e en directo polas cadeas globais de televisión a toda a Humanidade, adquiriron unha significación mundial. A partir dese momento, a loita contra o terrorismo internacional e a defensa da seguridade nacional dos Estados Unidos, adquirirá unha xerarquía prioritaria na axenda global, propoñerá a necesidade de restrinxir os dereitos humanos para garantir a seguridade, e reinstalará o valor do Estado.
 
* Nos [[disturbios de Francia de 2005]], en novembro, miles de mozos franceses, fillos de inmigrantes provenientes do norte de África, protagonizaron durante dúas semanas unha revolta que tivo o seu selo na queima de miles de [[automóbil]]es en París. Na rexión de París, máis da metade da poboación menor de 15 anos, é orixinaria de África, o que deu un envorco á cultura da zona en menos dunha xeración. O acontecemento sorprendeu ao mundo e puxo sobre o tapete a cuestión das [[Migración na Unión Europea|migraciones internacionais]] e as desigualdades sociais e territoriais na globalización.