Mao Tse Tung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Portal China
m →‎Legado: Arranxos varios
Liña 119:
 
Mao suscitaba que o socialismo era a única resposta para a China, debido, entre outros argumentos, a que as potencias occidentais e particularmente os Estados Unidos, nunca permitirían que a China avanzase baixo un réxime capitalista. De feito, esta teoría non estaba lonxe da realidade, por canto Estados Unidos mantivo un embargo comercial á República Popular China que durou ata [[1972]], cando [[Richard Nixon]] decidiu que a China constituía unha potencia que debía ser considerada favorablemente na [[Guerra Fría]] coa Unión Soviética.
 
 
Detractores e seguidores coinciden en afirmar que Mao foi un gran estratexa militar o cal demostrou na Guerra Civil Chinesa e na [[Guerra de Corea]]. De feito, as tácticas de Mao foron utilizadas constantemente por aqueles que loitan como insurxentes en diferentes lugares do mundo, así como por aqueles que tratan de esmagar a insurxencia.