Francisco Espoz y Mina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *submeter
m Arranxos varios
Liña 9:
 
=== Guerra de Independencia española ===
A invasión napoleónica de España en 1808 fíxolle abandonar o campo, entrando en calidade de voluntario no batallón de Doyle o [[8 de febreiro]] de [[1809]]. Pouco tempo despois pasouse á guerrilla que dirixía o seu sobriño [[Xavier Mina]]. O grupo deste disolveuse en 1810, cando Xavier foi feito prisioneiro polos franceses. Porén, sete homes recoñeceron a Espoz como xefe e formaron un novo grupo.
 
==== Xefe de guerrillas ====
Liña 15:
[[Ficheiro:Espoz y Mina-galeria.jpg|miniatura|Retrato e sinatura de Mina.]]
==== Accións destacadas ====
Malia ser traizoado en varias ocasións, e mesmo derrotado, Espoz adoitaba rexurdir, ao punto de ser alcumado, de forma honorífica, polos seus inimigos de “pequeno rei de Navarra” (''Le petit roi de Navarre''). Sostivo durante as súas campañas non menos de corenta e tres combates. As súas accións máis importantes foron: a de Rocafort e [[Sangüesa]], onde ao mando duns 3.000 homes se enfrontou contra 5.000 contrarios dotados de artillaría; a de [[Arlabón]], na que apresou un convoi inimigo completo e liberou 700 cativos españois, acción na que o mesmo mariscal [[André Masséna]] escapou de milagre; a [[batalla de Mañería]], na que destruíu a división do xeneral Abbé, composta e 7.000 homes; os encontros de [[Egea de los Caballeros|Egea]], de [[Ayube]] e de [[Placencia]]; a segunda acción de Arlabón, na que pereceu un secretario do rei [[Xosé I Bonaparte|Xosé I]]; a toma do castelo da [[Aljafería]] e a entrada en [[Zaragoza]] no ano [[1813]]; en fin, a toma de [[Jaca]], na [[provincia de Huesca]] no mes de xaneiro de [[1814]].
 
Xunto destas accións, por así dicilo, locais, Espoz y Mina contribuíu poderosamente á vitoria de [[Batalla de Salamanca|Salamanca]], obtida polas tropas anglo-portuguesas. O guerrilleiro cravou en torno a [[Navarra]], ao longo de 53 días, a 26.000 soldados franceses, coas súas 80 pezas de artillaría, que estaban destinados a unirse cos homes do marechal Marmont, o que impediu, sen dúbida, que contase coa forza precisa para deter o avance anglo-portugués. Do mesmo xeito, en ocasión da [[batalla de Vitoria]], impediría que as divisións de Clausel e de Foy, que sumaban 28.000 homes puidesen xuntarse co exército principal: previamente interceptara a correspondencia dirixida a eles, e que nunca recibiron.
 
==== Represión e contrarrepresión ====
Exasperados polos desastres sufridos en Navarra, os franceses perderon os papeis, emprendendo unha guerra de bárbaros, colgando e fusilando tanto oficiais como soldados, e mais deportando para [[Francia]] a un gran número de familias españolas. A cabeza de Mina foi mesmo posta a prezo. En tales circunstancias, Espoz e Mina tomou represalias, emitindo o 14 de decembro un bando cuxo primeiro artigo dicía: “''Declárase en Navarra a guerra a morte e sen cuartel, sen distinción de soldados e de oficiais, incluído mesmamente o Emperador dos franceses''”. Por cada oficial español executado polos franceses, Espoz y Mina faría fusilar catro oficiais franceses, e por cada soldado español fusilado, faría fusilar vinte e catro franceses. Mantiña prisioneiros no [[Val do Roncal|Roncal]], un número considerábel de franceses, que reservaba para tales horríbeis contramedidas. Como a vantaxe non era para os franceses, Mina estivo disposto a soster conversas ofrecidas polos xenerais galos.
 
Foron tantas as cautelas mantidas por Mina para non ser sorprendido por un inimigo sempre superior en número, que realmente pode dicerse que só foi collido en emboscada unha vez, o [[23 de abril]] de [[1812]]. O desenvolvemento do evento ten aínda visos de lenda. Traizoado por Malcarado, un dos seus oficiais, que estaba en connivencia co xeneral Panetier, veuse arrodeado na aldea de [[Robres]] por cerca de 1.200 soldados. Atacado por cinco húsares na soleira mesma da casa onde se aloxaba, mentres lle preparaban o seu cabalo, defendeuse coa tranca da porta, única “arma” que tiña ao alcance; refusando pedir auxilio dos seus, sostivo a loita durante tres cuartos de hora, dando tempo a pórse a seguro aos seus homes. Ao outro día, de madrugada, fixo fusilar a Malcarado e prender a tres alcaldes e un cura que participaran no complot.
 
A pesar das urxencias dos combates decote, Mina foi quen de organizar unha división de nove rexementos de infantaría e dous de cabalería, que a finais da guerra totalizaban un exército de 13.000 homes. A teor da documentación oficial, perdeu uns 5.000 homes, máis as perdas inflixidas aos franceses polas súas forzas, entre mortos e prisioneiros, ascenden á enorme cifra de 40.000 homes.
 
=== Finanzas e administración guerrilleira ===
Liña 56:
=== Período liberal ===
[[Ficheiro:Espoz y Mina 4.11.1834.jpg|miniatura|dereita|180px|Proclama de Mina o 4-XI-1834.]]
Morto Fernando VII en 1833, e cedendo [[Cea Bermúdez]] a dirección do goberno a [[Francisco Martínez de la Rosa]], que promulgara o [[Estatuto Real]], unha simple [[carta outorgada]], remedo de constitución, albiscábase o camiño de implantación do [[liberalismo]]. Foran publicadas listados de amnistiados, mais neles non aparecía o nome de Francisco Espoz e Mina. Foi dos últimos en aparecer.
 
A importancia crecente da insurrección [[Carlismo|carlista]] en [[Navarra]], as vitorias de [[Tomás de Zumalacárregui|Zumalacárregui]], as sucesivas derrotas dos xenerais enviados contra el, fixeron pensar no vencedor de Arlabón e Castellfullit. A orde de chamamento atopouno tomando as augas, aqueixado dun [[cancro]] de estómago. Sen alegar escusa ningunha, que o seu estado de saúde xustificaría, montou da cabalo, e de proscrito pasou a xeneral, para tomar o mando que se lle confiou.
 
Sospeitoso perante o goberno de entón, polas súas opinións liberais, nin obtivo a confianza precisa, nin os pertrechos que necesitaba. Llauder, o seu inimigo persoal, estaba á cabeza do ministerio da guerra. O seu mando foi reducido ao dun simple corpo do exército en [[Navarra]], el que fora pouco menos que vicerrei dese país. Enfrontado a Zumalacárregui foi derrotado nas batallas de [[Larrainzar]], [[Echarri]], [[Ardanaz]] e [[Olazagutía]]. Porén a doenza que sofría avanzaba: debeu deixar o mando para dirixirse a [[Montpellier]], no Sur de [[Francia]], e pórse nas mans do seu amigo o doutor Lallemand. Consecuentemente presentou a súa dimisión o [[13 de abril]] de [[1835]].
Liña 72:
* [[Charles Mullié|Mullié, Charles]]: ''Biographie des célébrités militaires des armées de terre et de mer de 1789 à 1850'' (1852).
 
{{ORDENAR:Espoz y Mina, Francisco}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Espoz y Mina, Francisco}}
[[Categoría:Militares da Guerra de Independencia Española]]
[[Categoría:Capitáns Xenerais de Galicia]]