Pensilvania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Arranxos varios
Liña 54:
En [[1643]], exploradores [[Suecia|suecos]] fundaran o primeiro asentamento de carácter permanente da rexión, próximo á actual [[Filadelfia]]. Este asentamento converteuse na capital da colonia sueca de [[Nova Suecia]], que foi conmquistada por tropas neerlandesas en [[1655]], anexionándoa aos [[Novos Países Baixos]]. En [[1664]], os ingleses conquistaron toda a rexión, que quedou baixo o dominio da colonia de Nova York, e que é actualmente o [[estado de Nova York]].
 
En [[1681]], o Rei [[Carlos II de Inglaterra]] cedeu a rexión a [[William Penn]], como pagamento dunha débeda que a coroa tiña co seu pai, un importante almirante da mariña inglesa. William quería nomear a rexión como ''Novo País de Gales''. Porén, un membro galés do Consello Real de Inglaterra, onde era necesaria a aprobación unánime de todos os membros para que o nome fose aceptado, rexeitou o nome. Penn entón decidiu nomear a rexión como ''"Sylvania"'' ("bosque"). O Rei Carlos II complementou este nome con ''Penn''.
 
Penn planeou persoalmente o primeiro asentamento inglés permanente, nomeándoo [[Filadelfia]], fundada en [[1685]], e garantiu o dereito de liberdade de expresión relixiosa dentro da súa colonia. Posteriormente explorou o interior do territorio, pagando aos nativos indíxenas polas terras que o Rei lle dera. Alén diso, Penn instituíu un trato igualitario nos xuízos aos indíxenas con relación aos brancos. Isto fixo que os indíxenas e os colonos europeos mantivesen boas relacións ata mediados do [[século XIX]], mellores que en calquera outra colonia do nordeste dos Estados Unidos. Grazas á liberdade de expresión relixiosa, varios [[Escocia|escoceses]], [[Irlanda|irlandeses]] e [[Alemaña|alemáns]] instaláronse no estado.
Liña 79:
A maior parte da poboación de Pensilvania era pro-abolicionista, e querían o fin inmediato do uso do [[escravitude|traballo escravo]]. Ao longo da [[Guerra Civil Americana]], entre [[1861]] e [[1865]], Pensilvania, que loitou do lado da Unión, enviou aproximadamente 340.000 soldados ás frontes de batalla, máis que calquera outro estado nortista con excepción de [[estado de Nova York|Nova York]]. O estado foi o escenario da [[Batalla de Gettysburg]], a batalla máis sanguenta da guerra, e unha das máis sanguentas da historia, ocorrida entre o [[1 de xullo|1]] e o [[4 de xullo]] de [[1863]], onde 83.000 soldados nortistas comandados por [[George G. Meade]] derrotaron 75.000 soldados confederados comandados por [[Robert E. Lee]]. A causa das 55.000 baixas, o [[19 de novembro]] de 1863, o entón presidente americano [[Abraham Lincoln]] dedicou a ''[[G Adress]]'' nunha homenaxe á todos os soldados americanos mortos na batalla.
 
Coa demanda material de guerra, Pittsburgh tornárase o maior polo siderúrxico do mundo, e tamén o maior fabricante de vidro do mundo. O estado era o maior produtor de petróleo, cemento e aluminio do país, e el só producía máis de 60% do aceiro americano. Esta prosperidade industrial atraeu moitos inmigrantes e, no fin do século, vivían máis persoas en [[cidade]]s que no campo, mais tamén trouxo varios problemas socioeconómicos. Traballadores industriais traballaban en pésimas condicións e eran mal pagados. Moitos se xuntaron en [[sindicato]]s que organizarn varias manifestacións, que foron reprimidas violentamente pola policía.
 
En [[1889]], [[Johnstown]] sufriu unha [[inundación]] na que morreron máis de 2.200 persoas. A inundación produciuse despois de que o [[encoro]] de South Fork cedese despois de días de fortes choivas.
Liña 274:
Pensilvania, desde os principios da colonización europea, foi un gran polo de transportes. As primeiras estradas do estado datan da década de 1650. Construíu un gran sistema de canais navegables e unha extensa rede ferroviaria ao longo do [[século XIX]]. O estado xa foi o maior polo ferroviario dos Estados Unidos. A recesión económica das décadas de 1970 e 1980 levaran ao peche de varias delas.
 
Filadelfia e Pittsburgh continúan a ser grandes centros portuarios americanos e, alén diso, ambas as cidades son grandes polos ferroviarios e de estradas. Tanto unha como outra dispoñen dun [[aeroporto]] internacional cada. En [[2002]], Pensilvania posuía 8.206 quilómetros de vías ferroviarias e, en [[2003]], 193.802  km de estradas e autoestradas, dos que 2.869  km eran considerados parte do sistema federal de autoestradas interestatais.
 
O primeiro [[xornal]] publicado en Pensilvania foi o ''American Weekly Mercury'', publicado pola primeira vez en Filadelfia, en [[1719]], sendo o primeiro xornal publicado fóra de [[Boston]], e a cuarta publicada en toda as [[Trece Colonias]]. Actualmente publícanse no estado preto de 400 xornais, dos que aproximadamente 85 son diarios. A primeira estación de [[radio (comunicación)|radio]] de Pensilvania fundouse en [[1919]], en Pittsburgh, e a primeira emisora de [[televisión]] fundouse en [[1941]], en Filadelfia. Actualmente, Pensilvania posúe preto de 370 emisoras de radio e aproximadamente 45 de televisión.