Caligrafía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 27:
== Distintos tipos de caligrafía ==
* [[Caligrafía árabe|Caligrafía de caracteres árabes]], en [[lingua árabe|árabe]], فن الخط ''fann al-jatt'', "arte da liña".
 
* [[Escritura Rashi|Caligrafía estilo Rashi]], o [[rashi]], é o acrónimo de רבי שלמה יצחקי ''Rabi Shlomo Yitzjaki''. É o tipo de letra semicursiva na que os comentarios de Rashi adoitan imprimirse tanto no [[Talmud]] como no Tanakh. Aínda que leva o sue nome, Rashi nunca empregou esta escritura: o tipo de letra está baseado na escritura manuscrita semicursiva sefardí do século XV.
 
* [[Caligrafía chinesa]] ou 書法 shūfǎ, os caracteres chineses poden trazarse segundo cinco estilos históricos. Normalmente todos se realizan con pincel e tinta. Estes estilos están ligados intrinsecamente á historia da [[escritura chinesa]].
 
* O {{nihongo|[[Shodō]]|書道|shodō}} ou ''caligrafía xaponesa'' considérase unha arte no [[Xapón]], e unha disciplina moi difícil de perfeccionar; ensínase como unha materia máis aos nenos xaponeses durante a educación primaria.
 
* [[Caligrafía occidental]]: dende os tempos da [[imperio Romano|antiga Roma]] e ata a invención da [[imprenta]], a caligrafía estivo ligada á historia da cultura europea e á súa transmisión, e cada época vese reflectida nos diferentes estilos de escritura. Despois, a beleza na escritura a man tivo sempre unha gran consideración como parte da educación ata tempos moi recentes, e mantense aínda en forma de invitacións manuscritas, deseños de logotipos e tipografías ou documentos conmemorativos.