Carracha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
Este tipo de animais practica o [[parasitismo]], unha das [[relación interespecífica|relacións interespecíficas]] que ten lugar entre individuos de distinta especie.
 
Para atopar un [[hóspede]] adecuado poden esperar semanas ou mesmo meses entre a herba ou nas árbores. Cando se atopan cun posible candidato apropiado, ruben sobre el (algúns se deixandeixanse caer desdedende a vexetación alta), e por medio dos seus quelíceros, penetran a pel e empezan a chuparlle o sangue. O seu corpo ínchase e cando está cheo sóltanse. Os ''Ixodidae'' atacan a numerosos [[mamífero]]s, incluído o [[home]], e os ''Argasidae'' parasitan sobre todo a [[aves]].
 
As carrachas atópanse a miúdo na herba alta, onde esperan no extremo dunha folla para tentar engancharse a calquera animal ou persoa que pase. Unha idea falsa moi común é pensar que a carracha é capaz de saltar da planta ao hóspede, pero o único método de transmisión é o contacto físico.