Inés de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 57:
Pedro tornouse o [[Lista de reis de Portugal|oitavo rei de Portugal]] en [[1357]]. En [[Xuño]] de [[1360]] fai a famosa declaración de [[Cantanhede]], lexitimando os fillos ao afirmar que casara secretamente con Inés, en 1354 "...en día que non se lembraba...". A palabra do rei, e do seu [[capelán]] foron a única proba deste casamento. Pedro perseguiu os asasinos de Inés, que tiñan fuxido para Castela. Pero Coello e Álvaro Gonçalves foron capturados e executados (segundo a lenda, o Rei mandou arrancar a un o corazón polo peito e ao outro polas costas, e asistiu á execución mentrse se celebraba un banquete). Diogo Lopes Pacheco conseguiu escapar para [[Francia]], e foi máis tarde perdoado polo Rei no seu leito de morte.
 
Pedro mandou construír dous espléndidos túmulos no [[mosteiro de Alcobaça]], un para si e outro para onde trasladou os restos da súa amada Inés. A tétrica cerimonia do beixa man,{{Cómpre referencia}}(representada por exemplo no cadro de Pierre-Charles Comte) tan vívida no imaxinario popular, probabelmente foi inserida nas narrativas do final do [[século XVI]], despois de que Camões escriba no seu Canto III a traxedia da Linda Inés. Pedro xuntouse a Inés en [[1367]], e os restos de ambos xacen xuntos até hoxe, fronte a fronte, para que, segundo a lenda ''"possam olhar-se nos olhos quando despertarem no dia do juízo final".''
 
Inés de Castro tornouse coñecida ao ser a súa historia lembrada por [[Luís Vaz de Camões|Camões]] no Canto III d' ''[[Os Lusíadas]]'', onde fai referencia á «''...mísera e mesquiña, que despois de ser morta foi raíña...''». Foi amante e declarada postumamente esposa lexítima de [[Pedro I de Portugal]]. A súa desventurada vida e controvertido casamento aínda fai que historiadores se debrucen sobre o caso, procurando indicios de se houbo ou non un casamento.