Inés de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 42:
 
=== Romance con D. Pedro ===
Inés de Castro chegou a [[Portugal]] en [[1340]], integrada como [[:wiktionary:gl:aia|aia]] no séquito de [[Constanza Manuel]], filla de Xoán Manuel de Castela, un poderoso nobre descendente da [[Casa real]] [[Coroa de Castela|castelá]], que iría casar co [[Pedro I de Portugal|príncipe Pedro]], herdeiro do trono portugués. O príncipe apaixonouse por Inés pouco tempo despois, neglixenciando a muller lexítima, Constança, e pondo en perigo as débiles relacións con Castela. Tentando separar a Pedro e Inés, Constança convida a Inés como madriña do seu primeiro fillo home, o Infante Luís (1343), xa que de acordo cos preceptos da Igrexa Católica de entón, unha relación entre un dos padriños e un dos pais do bautizados era case incestuosa. A crianza non durou un ano, o que fixo aumentar as desconfianzas en relación a Inés de Castro.
 
Sendo o romance adúltero vivido ás claras, o rei Afonso IV (que promulgara leis contra este tipo de situacións) manda exiliar a Inés no castelo de [[Albuquerque]], na fronteira española, en [[1344]]. Porén, a distancia non apagou o amor entre os dous apaixonados amantes e, segundo a lenda, continuaban a corresponderse con frecuencia. En outubro do ano seguinte, Constança morre ao dar á luz o futuro [[Fernando I de Portugal]], deixando a Pedro viúvo e un home libre. Inés volta do exilio e os dous foron vivir xuntos lonxe da corte, tendo catro fillos: Afonso (morto de neno), [[Xoán de Portugal (1349)|Xoán]], [[Dinis, infante de Portugal|Dinis]] e [[Beatriz de Portugal|Beatriz]].