Movemento social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎R: rexímenes||réximes
Liña 1:
[[Ficheiro:Anti-capitalism color.gif|350px|miniatura|Pirámide social.]]
Un '''Movemento social''' é a agrupación informal de individuos ou organizacións dedicadas a cuestións político-sociais que ten como finalidade o [[cambio social]]. Os movementos sociais como estruturas de cambio social teñen a súa orixe nas crises das organizacións de esquerda [[socialdemócrata]] e do socialismo real, principalmente partidos políticos e sindicatos. Xorden como modos de organización de colectivos, fundamentalmente marxinais, que loitan dentro dun campo político máis ou menos concreto. Algúns exemplos destes movementos son o [[feminismo|movemento feminista]], o [[ecoloxismo|movemento ecoloxista]], o [[movemento obreiro]], o [[pacifismo|movemento pacifista]] ou [[antimilitarismo|antimilitarista]], ou, máis recente no seu nacemento, o [[movemento okupa]] e o [[anticapitalismo|movemento antiglobalización]].
 
Liña 6:
Son o equivalente a [[acción afirmativa]] ou grupo de presión. Teñen un carácter de permanencia no tempo e cun número de persoas representativo, con relación ós que sofren ou ignoran o problema. O seu recordo histórico é moi antigo, por exemplo, os [[Guerra das Comunidades de Castela|Comuneiros de Castela]]. Son algunhas veces o nacemento dunha idea con líderes carismáticos memorables, e a súa xénese pode derivar cara un movemento ou iniciar unha [[rebelión|revolta]] ou, máis contundentemente, unha [[revolución]], como a [[Revolución Mexicana]], e así mesmo eventual plataforma para un partido cara o poder, opción que parece un rodeo innecesario.
 
É unha forma instantánea e continuada de inserirse no ámbito político, con inicialmente pouco esforzo organizativo, sen pertencer a el, pero si con forza de cambio político, como a restauración da democracia perdida en rexímenesréximes autoritarios. A súa análise inclúe o seu obxectivo e o tipo de clientela, sendo interesante o desenvolvemento do seu proceso organizativo. O impacto na sociedade é desde soamente presencial, como unha forza de choque perturbadora, ou ata mesmo resultar moi definitorio, como grupos fortes de interese e presión contra o poder instituído. Deben coidar o seu progreso organizativo para ser eficaces e continuar perseverando e merecerse a honra de coartífices de eventos democráticos nas institucións ou outros máis modestos, como a información dos cidadáns.
 
{{Sen referencias|data=agosto de 2016}}
== Ligazóns externas ==
* [http://caosmosis.acracia.net/?cat=47 Recompilación de textos sobre o movemento social autónomo] (en castelán)
* [http://caosmosis.acracia.net/?cat=150 Recompilación de textos sobre os movementos sociais en América] (en castelán)
* [http://caosmosis.acracia.net/?cat=131 Recompilación de textos sobre os movementos sociais en Europa] (en castelán)
* [http://caosmosis.acracia.net/?cat=93 Recompilación de textos sobre o movemento global] (en castelán)
 
[[Categoría:Socioloxía]]