Transformación xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |coauthors= → |autor2= (7), | coauthors = → |autor2= (5) using AWB
m Bot: Substitución automática de texto (-Gram positiva +grampositiva)
Liña 18:
Aproximadamente o 1% das especies bacterianas poden captar de forma natural ADN nas condicións de laboratorio, e máis especies poden captalo nos seus ambientes naturais. O [[ADN]] pode transferirse entre diferentes cepas de bacterias, nun proceso que se denomina [[transferencia horizontal de xenes]]. Algunhas especies cando a célula morre liberan o seu ADN que pode ser captado por outras células, pero a transformación funciona mellor con ADN de especies moi emparentadas. Estas bacterias competentes de forma natural teñen conxuntos de [[xene]]s que proporcionan a maquinaria proteica necesaria para transportar o ADN a través das membranas celulares. O transporte de ADN exóxeno nas células pode requirir proteinas que están implicadas na ensamblaxe de [[pili de tipo IV]] e sistemas de secreción de tipo II (T2SS), xunto cun complexo ADN [[translocase]] na [[membrana plasmática]].<ref>{{Cita publicación periódica |author=Chen I, Dubnau D |title=DNA uptake during bacterial transformation |journal=Nat. Rev. Microbiol. |volume=2 |issue=3 |pages=241–9 |year=2004 |pmid=15083159 |doi=10.1038/nrmicro844}}</ref>
Debido ás diferenzas de estrutura das envolturas celulares das bacterias [[Gram positivagrampositiva]]s e [[Gram negativa]]s, hai tamén algunhas diferenzas nos mecanismos da captación do ADN entre estas células, pero a maioría delas comparten características comúns que implican a proteínas relacionadas. O ADN únese primeiro á superficie de células competentes nun receptor do ADN, e pasa a través da membrana plasmática utilizando unha ADN translocase.<ref>Lacks, S.; Greenberg, B.; Neuberger, M. (1974). "Role of a Deoxyribonuclease in the Genetic Transformation of Diplococcus pneumoniae". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 71 (6): 2305–2309. PMC 388441. PMID 4152205. http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=388441.</ref> Só pode atravesar o ADN monocatenario, polo que unha [[nuclease]] degrada a outra cadea durante o proceso, e o ADN monocatenario translocado pode despois integrarse no [[cromosoma bacteriano]] por medio dun proceso dependente de [[RecA]]. Nas células Gram negativas, debido á presenza dunha membrana extra, o ADN require a presenza de canais formados por [[secretina]]s na membrana externa da súa [[parede celular|parede]]. Poden requirirse [[pilina]]s para que exista competencia, pero non está claro.<ref>Long, C. D.; Tobiason, D. M.; Lazio, M. P.; Kline, K. A.; Seifert, H. S. (2003). "Low-Level Pilin Expression Allows for Substantial DNA Transformation Competence in [[Neisseria gonorrhoeae]]". Infection and immunity 71 (11): 6279–6291. PMC 219589. PMID 14573647. http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=219589.</ref> A captación do ADN xeralmente non é específico de secuencia, aínda que nalgunahs especies a presenza de secuencias de captación de ADN específicas pode facilitar a captación eficiente do ADN.<ref>Sisco, K. L.; Smith, H. O. (1979). "Sequence-specific DNA uptake in Haemophilus transformation". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 76 (2): 972–976. PMC 383110. PMID 311478. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=383110.</ref>
 
==== Competencia artificial ====