Picapeixe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
corrixo lingua
Liña 24:
== Descrición ==
Coma tódolos representantes da súa familia, o picapeixe ten o corpo curto e de aspecto sólido, as patas e as plumas da cola tamén curtas e alas anchas. A cabeza é grande, o pescozo curto e o bico longo (uns 4 cm.) e afiado. O corpo mide uns 16 a 18 cm., a envergadura das alas é duns 25 cm. e pesan ó redor de 35 ou 40 gramos.
A parte superior da cabeza, as plumas externas das alas, os ombreiros e as plumas da cola son de cor azul verdoso, máis ou menos escuro, barrado na zona da cabeza por listas de cor azul mariño. As plumas das alas teñen puntas azul mariño, no lombo as listas son azul turquesa. A gorxa é branca. Nas aves adultas o resto da parte inferior ten corres que van do vermello de ferruxe ó castaño. O debuxo da cabeza esta composto por plumas de cor castaño avermellado nos oídos, manchas brancas nos lados do pescozo e unaunha barbadela verde azulada ou azul. Na fronte hai unha mancha acastañada diante de cada ollo, que parece branca cando se ve de lonxe. na época de cría os pés son de cor vermella alaranxada.
o peteiro dos machos é negro, que pode ser algo máis claro por debaixo. A parte inferior do das femias é alaranxado dende a base ata polo menos o terzo distal. A plumaxe da parte superior do corpo ten nos machos, en xeral, un ton azul de base con manchas grandes de cor azul escuro na parte superior da cabeza. Nas femias a cor de base e máis axiña verde azulada.
As aves inmaturas teñen a plumaxe máis mate e son máis verdosos cos adultos pola parte superior. As plumas do peito teñen case sempre as puntas verdes ou grises. O bico é máis curto e negro, cunha mancha clara na punta. As patas son castañas escuras na súa parte superior.