Adhesina bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Bot: Substitución automática de texto (-Gram positiva +grampositiva)
Liña 8:
Durante a vida dunha bacteria esta está suxeita frecuentemente a [[tensión de cizalla|forzas de cizalla]]. As adhesinas serven de áncoras que axudan a que as bacterias resistan esas forzas de cizalla ambientais, e así permanezan no ambiente desexado. Porén, as adhesinas bacterianas non serven como un adhesivo universal para estes microorganismos, senón que actúan máis ben como moléculas de recoñecemento de superficie específicas, xa que permiten que unha determinada bacteria se una a unha determinada superficie, como pode ser un tecido das raíces das plantas, tecidos dos condutos lacrimais de mamíferos ou mesmo ao esmalte dental.<ref name=Per_Klem_2000>{{Cita publicación periódica |author=Klemm P, Schembri MA |title=Bacterial adhesins: function and structure |journal=Int. J. Med. Microbiol. |volume=290 |issue=1 |pages=27–35 |date=March 2000 |pmid=11043979 |doi=10.1016/S1438-4221(00)80102-2 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1438-4221(00)80102-2}}</ref>
 
A maioría das [[fimbria]]s das bacterias [[Gram negativa]]s funcionan como adhesinas, pero en moitos casos é unha subunidade menor proteica situada no extremo da fimbria a que funciona como verdadeira adhesina. Nas bacterias [[Gram positivagrampositiva]]s, unha capa superficial de proteína ou [[polisacárido]] serve como adhesina específica. Para conseguir unha adherencia efectiva ás superficies do hóspede, moitas bacterias producen moitos destes factores de adherencia chamados '''adhesinas'''.
 
As adhesinas bacterianas proporcionas un [[tropismo]] de especie e de tecido. Expresan adhesinas tanto as bacterias patóxenas coma as [[saprofítico|saprofíticas]]. Esta prevalencia márcaas como [[factor de virulencia|factores de virulencia]] microbiana claves, xunto coa capacidade das bacterias de producir [[toxina]]s e de resistir ás defensas inmunitarias do hóspede.