Macrólido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Bot: Substitución automática de texto (-Gram-positiva +grampositiva)
Liña 46:
Os macrólidos teñen todos un espectro de actividade moi similar, non penetran no [[líquido cefalorraquídeo]] e atinguen altas concentracións na [[pel]], [[oído medio]], secrecións [[Bronquio|bronquiais]], [[próstata]], [[mucosa gástrica]], [[granulocito]]s e [[macrófago]]s.
 
Os antibióticos macrólidos utilízanse para o tratamento de infeccións causadas por [[bacteria Gram-positivagrampositiva|bacterias Gram-positivasgrampositivas]], como ''[[Streptococcus pneumoniae]]'', e ''[[Haemophilus influenzae]]'' en infeccións respiratorias e de tecidos brandos. O espectro antimicrobiano dos macrólidos é algo máis amplo ca o da [[penicilina]], o que fai que os macrólidos sexan un antibiótico substituto común para pacientes con alerxia á penicilina. Os [[estreptococo]]s, [[pneumococo]]s, [[estafilococo]]s, e [[enterococo]]s beta-hemolíticos son normalmente susceptibles aos macrólidos. A diferenza da penicilina, os macrólidos son efectivos contra a ''[[Legionella pneumophila]]'', [[micoplasma]]s, [[micobacteria]]s, algunhas [[rickettsia]]s, e ''[[Chlamydia]]''.
 
Os macrólidos non se utilizan en herbívoros non ruminantes, como cabalos e coelllos. Neses animais producen rapidamente unha reacción causando trastornos dixestivos fatais.<ref>Giguère, Steeve, John F., and J. Desmond. Antimicrobial therapy in veterinary medicine. 4th. Wiley-Blackwell, 2006. Print</ref> Só poden ser utilizados en cabalos de menos dun ano de idade, pero evitando que outros cabalos maiores entren en contacto co tratamento con macrólidos (como a nai do poldro, por exemplo).