Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 103:
== Artigos de botánica ==
Ola Marcio. Levo anos elaborando en exclusiva os artigos de botánica, así como categorías, etc. Vexo que ultimamente andas metendo man ti, o que é unha moi boa nova. Só unha cousa, nos artigos xa creados pregaría que o tema dos nomes o comentásemos antes de facer cambios, xa que ás veces foi difícil a escolla para evitar homónimos. Vin que nalgunhas páxinas mudaches o nome ao científico (que sempre debe ir en cursiva) cando hai referencias de nomes vulgares; isto sería o máis lóxico a longo prazo, xa que xa temos un bo número de artigos e a cousa vaise complicando...porén polo de agora debemos escoller un común. Se agora estás ti xenial, así podemos facer medrar a parte botánica entre os dous. Un saúdo.[[Usuario:Nachonion|Nachonion]] ([[Conversa usuario:Nachonion|conversa]]) 30 de agosto de 2016 ás 09:20 (UTC)
 
== Cabrifollo e cadrifollo ==
 
Si, tes toda a razón. Eu tamén pensei o mesmo, que cabrifollo tería máis coherencia, pero outra vez topamos coa preferencia da academia. Supoño que a voz con "d" será máis abundante, algún criterio seguirían...eu por min movémola...[[Usuario:Nachonion|Nachonion]] ([[Conversa usuario:Nachonion|conversa]]) 30 de agosto de 2016 ás 15:37 (UTC)