Cantiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
Mudo a "cantiga de escarnio e maldicir". Véxase no DRAG o apartado de expresións na entrada de "cantiga".
Liña 4:
{{Artigo principal|Trobadorismo|Lírica galego-portuguesa}}
=== Recompilación ===
As cantigas galego-portuguesas están recollidas nos chamados [[cancioneiro]]s, que reunían composicións de varios autores, como o [[Cancioneiro da Ajuda]], o da [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa|Biblioteca Nacional de Lisboa]] ou o da [[Cancioneiro da Vaticana|Vaticana]]. As cantigas relixiosas reúnense principalmente na colectánea [[Cantigas de Santa María|''Cantigas de Santa María'']], unha obra dirixida por [[Afonso X]] e centradas, como ben indica o título, nos milagres da [[Virxe María]].
 
Aínda que unha das cantigas máis antigas é a "Cantiga da Ribeiriña" ou "Cantiga da Garvaia", composta por [[Paio Soares de Taveirós]] no [[1189]] ou [[1198]], hoxe en día<ref>[[Carlos Alvar]] e [[Vicente Beltrán]], ''Antología de la poesía gallego-portuguesa'', Alhambra, 1989 consideran que se compuxo contra 1200</ref> considérase que a máis antiga é ''Ora faz host'o senhor de Navarra'' de [[Johan Soarez de Pávia]].
Liña 12:
 
* '''Cantiga de mestría''': acostuma ter catro estrofas co seguinte esquema métrico: abbacca, abbaccb, ababcca, ababccb. Carece de refrán (estribillo). Utilízase sobre todo nas cantigas de escarnio e nas [[cantigas de amor]]. Teñen a súa orixe na poesía dos [[trobador]]es provenzais.
* '''Cantiga de ''refram''refrán''': o seu elemento característico é o estribillo (''refram''[[refrán]]). A orixe é popular. É frecuente sobre todo nas [[cantiga de amigo|cantigas de amigo]].
 
Ámbolos dous tipos de cantigas teñen en común o tipo de verso utilizado (octosílabos ou decasílabos, polo xeral) e mailo uso da rima consoante. Ambos os dous usan frecuentemente o [[paralelismo]].
Liña 23:
* '''[[cantiga de amigo|Cantigas de amigo]]''': xénero que agrupa 475 cantigas aproximadamente. Nelas, unha muller xove e namorada fala do seu amigo.
* '''[[cantiga de amor|Cantigas de amor]]''': son arredor de 725 textos (case a metade do corpus). Dentro das leis do amor cortés (importadas da [[Provenza]]), un trobador diríxese á súa dama (a ''senhor'').
* '''[[Cantiga de escarnio e maldizermaldicir|Cantigas de escarnio e maldizermaldicir]]''': a este xénero pertencen aproximadamnte 430 textos. En ambas as dúas o poeta critica ben a un inimigo particular, ben á sociedade no seu conxunto; porén, nas de escarnio, o poeta válese de palabras encubertas, mentres que nas de maldizermaldicir expresa os seus vituperios ás craras.
 
Ademais desta división, hai unha serie de xéneros menores (non pola calidade, senón pola menor cantidade) que tiveron escaso desenvolvemento. Entre todos eles non chegan a 50 cantigas, e dalgúns consérvase un único exemplar. Son a ''[[pastorela]]'', o ''[[pranto]]'', a ''[[tenzón]]'', o ''[[lai]]'', o ''[[descordo]]'', o ''[[Sirventés|sirventés moral]]'', a ''[[cantiga de vilãos]]'' e a ''[[cantiga de seguir]]''.
 
== Cantigas populares ==