Queiroa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m "coma" é usada só para comparativa de igualdade, no resto é "como" http://realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=2435279
m "Tamén" leva o pronome para diante do verbo
Liña 56:
 
== Usos ==
A partir da queiroga elaborábase carbón vexetal usado nas [[ferraría]]s de Galicia, aínda que o máis cobizado era o da [[uz branca]]. Tamén empregábansese empregaban para facer vasoiras, como noutras partes de Europa.<ref name="vexetaciondegalicia.es"/> As urces son unha importante fonte de alimentación para as [[ovella]]s e especies como os [[Cervo (animal)|veados]] xa que poden pacer as puntas das plantas cando a neve cobre a vexetación nas montañas durante o inverno. A [[pita do monte]] tamén se alimenta dos agromos e sementes desta planta.<ref>Moss R & Parkinson J (1972) The digestion of heather (''Culluna vulgaris'') by red grouse (''Lagopus lagopus scoticus'') Br.J.Nutr. 27, 285-296</ref>
 
Algúns [[escaravello]]s como a ''Lochmaea suturalis'' (escaravello da queiroga) aliméntanse tamén da queiroga e, nalgúns casos, poden causar mortalidade. As larvas dun certo número de especies de [[lepidóptero]]s tamén se alimentan destas plantas, en particular as da bolboreta ''Saturnia pavonia''.