Cantiga de amigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Martim Codax Cantigas de Amigo.jpg|miniatura|250px|Manuscrito das cantigas de amigo de [[Martín Codax]].]]
Na [[trobadorismo|lírica medieval galego-portuguesa]] unha '''cantiga de amigo''' é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha [[muller]] [[amor|namorada]]. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a [[palabra]] ''amigo'' no primeiro [[verso]] e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller nova —a amiga—, quen fala nelas do seu amigo-amado, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta [[literatura]] pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 [[cantiga]]s deste tipo<ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Matín Códax, Mendiño e Johán de Cangas''. Galaxia, 1998, páxina 39 </ref>.
 
Liña 9:
Aínda que tódolos poetas medievais eran homes, utilizaban o punto de vista feminino. As cantigas de amigo teñen como tema a erótica feminina e, en xeral, dan conta dos diferentes estados psicolóxicos da muller nova namorada. Caracterízanse formalmente pola repetición ([[paralelismo]], [[leixaprén]] e [[refrán]]).
 
[[Ficheiro:CRenda.jpg|miniatura|esquerda|200px|As [[capela|ermida]]s servían como lugar de encontro dos namorados.]]
A temática que desenvolven é, xa que logo, a da relación amorosa nas súas variantes: o amor feliz e correspondido (satisfeito); o amor infeliz (insatisfeito), xa ben por causa da ausencia do amado, ben pola traizón e desdén del ou mesmo polas prohibicións e atrancos que ese amor atopa no seu percorrido. A [[voz poética]] é a dunha rapaza nova que relata as súas vivencias amorosas, quer nun [[monólogo]], quer nun [[diálogo]] coas súas amigas, irmás ou mesmo coa nai, que rara vez toman a palabra. Os estados de ánimo son diversos e inclúen a ledicia e paixón pola chegada do amigo, a tristura pola súa ausencia ou a ansiedade polo regreso, o desexo de vinganza, celos etc. Os ambientes nos que se atopan son o campo, o mar ou a casa: a fonte, onde foron buscar auga ou lavar o cabelo, o río ou a [[romaría]]. Finalmente, cómpre subliñar que a paisaxe non aparece nelas como un simple marco ambiental, sendo que en máis dun caso contén unha forte carga simbólica cando non participa mesmo do diálogo amoroso.
 
Liña 32:
</poem>
}}
 
=== Paisaxe ===
A [[paisaxe]], a contorna natural onde ocorre a acción narrativa da cantiga manifesta un especial relevo nas cantigas de amigo, quer como marco do relato, quer cunha forte carga simbólica, de tal xeito que a protagonista chega mesmo a interrogar os elementos da [[natureza]]. Véxase esta cantiga de [[Martín Codax]]:
 
=== Danza ===
Nas cantigas de amigo pódese suxerir a [[danza]], xunto cos elementos da natureza, como promesa do amor eterno. Tal ocorre, por exemplo, coas ''avelaneiras'', consideradas como un símbolo de vida que renace e mesmo como promesa de amor eterno. Véxase esta cantiga de [[Airas Nunes|Airas Nune]]<nowiki/>s:
 
== Exemplo ==
Liña 72 ⟶ 78:
 
== Subxéneros ==
[[Ficheiro:Danza de Aldán.PNG|miniatura|135px|A danza de Aldán ([[Cangas]]) probabelmente xa se bailaba na [[Idade Media]], como nas [[bailada]]s.]]
 
Unha clasificación posíbel das cantigas de amigo distingue entre: