Cantiga de amigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 5:
=== Orixe ===
A cantiga de amigo é un xénero poético de orixe autóctona, cuxas raíces máis antigas non nos é posíbel determinar. Responde ao modelo da '''canción de amor feminina''', un tipo de composición común a todos os pobos indoeuropeos e que nos distintos territorios de Europa deu lugar a produtos peculiares.
Na Península Ibérica, a cantiga de amigo emparenta directamente coas [[Kharxa|kharxas]] mozárabes, case contemporáneas e con características formais e temáticas moi semellantes. A cantiga de amigo é, polo tanto, un xénero '''pretrobadoresco''', se ben as mostras máis antigas que conservamos son da mesma época cás cantigas trobadorescas.
=== Temática ===
Aínda que tódolos poetas medievais eran homes, utilizaban o punto de vista feminino. As cantigas de amigo teñen como tema a erótica feminina e, en xeral, dan conta dos diferentes estados psicolóxicos da muller nova namorada. Caracterízanse formalmente pola repetición ([[paralelismo]], [[leixaprén]] e [[refrán]]).
Liña 19:
* O amigo, frecuentemente ausente.
* Os elementos da natureza.
Dentro dos coprotagonistas, o principal deles é a nai; e tanto así que algúns investigadores chegan a considerar, dentro do conxunto de amigo, o que denominan como ''cantigas de madre'', na medida en que a experiencia desta, o seu papel nos episodios etc., desenvolven un apartado diferente da ficción lírica. Estas cantigas ofrécennos catro retratos da nai: a nai-gardadora, vixiante diante de todo aquilo que fai a súa filla; b) a nai-cómplice ou «confidente» dos comportamentos amorosos da protagonistas; c) a nai-conselleira, capaz incluso de adestrar a súa filla arredor de como debe vestirse se pretende seducir o namorado; a nai-amiga, unha fórmula na que ela mesma, a nai, vén resultar a verdadeira protagonista da relación amorosa.
 
Tamén, a irmá —ou irmás—, ou unha(s) amiga(s) da protagonista aparecen tamén como testemuñas da narración amorosa. Nalgunha ocasión, tal confidencialidade pode chegar a ocasionar algún enfrontamento:
 
== Exemplo ==
Liña 68 ⟶ 71:
Non obstante, existe unha clasificación tradicional que vén distinguir aínda varios subxéneros:
 
* [[Barcarola]]s ou mariñas: Sitúansesitúanse en presenza do mar, que adquire certa personalización ao dirixirse a el a amiga como confidente seu.
 
* [[Cantigas de romaría]]: Aa amiga está nun santuario, ermida ou capela, lugar de reunión que sirve de pretexto para o encontro dos namorados. Este contexto é exclusivo da literatura galego-portuguesa.
 
* [[Bailadas]]: Composiciónscomposicións alegres e festivas nas que se realiza unha invitación á danza.
 
* [[Alba (poema)|Albas]] ou [[alborada (poema)|alboradas]]: Faisefaise referencia ao amañecer; nas "albas" provenzais os amantes separábanse após teren pasado a noite xuntos.
 
Débese salientar que tamén se teñen clasificado as [[pastorela]]s galego-portuguesas coma un subxénero da cantiga de amigo, pois non se cinxían moi ben ao canon establecido.
Liña 80 ⟶ 83:
As cantigas de amigo teñen unha estrutura moi formalizada e ríxida que se basea na repetición. Os elementos característicos son:
 
* [[paralelismoParalelismo]]: repetición da mesma idea en dúas [[estrofa]]s seguidas nas que só mudan as palabras finais de cada verso ou a orde delas, co que varía a [[rima]].
 
* [[leixaprénLeixaprén]]: ("deixa-colle") reiteración dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte, o que acentúa o paralelismo entre as estrofas que o teñen. O segundo verso da primeira estrofa é o primeiro verso da terceira, o segundo verso da segunda estrofa é o primeiro da cuarta e así sucesivamente.
 
* [[refránRefrán]]: verso ou versos repetidos ao final de cada estrofa.
 
Os poetas máis destacados que compuxeron cantigas de amigo foron [[Meendinho]], [[Pero Meogo]], [[Martín Codax]], [[Johán Zorro]], [[Johán de Cangas]], [[Johán Airas]] e [[D. Dinis|Don Dinís de Portugal]].