Krist Novoselic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
=== Despois de Nirvana ===
O seguinte ano, a ''Erotic Music Law'' foi reintroducida pola lexislatura como ''Matters Harmful to Minors bill'' (proxecto de lei de asuntos dañinosdaniños a menores). Notando que a industria da música en [[Seattle]] era algo serio após o éxito da escena local, Novoselic propuxo crear un comité político, que foi chamado JAMPAC (Joint Artists and Musicians Political Action Committee). Durante os seguintes anos JAMPAC loitou por varias cuestións, incluíndo a ''Teen Dance Ordinance'', unha lei de [[1985]] que limitaba bastante a posiblilidade dos menores de asistiren a concertos. Coa JAMPAC, Novoselic comezou a traballar máis profundamente na política.
 
Asemade, Novoselic continuou traballando en proxectos musicais. El rexeitou unha oferta de [[Dave Grohl]] para unirse á súa nova banda [[Foo Fighters]] porque estaba preocupado pola xente que pensaba que Foo Fighters sería unha copia de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]]. Novoselic, así e todo, formou a banda [[Sweet 75]] en [[1995]], editando un álbum autotitulado. En [[1999]] uniuse a [[Jello Biafra]] e ao guitarrista de [[Soundgarden]] [[Kim Thayil]] no [[No WTO Combo]]. Posteriormente uniuse ao líder de [[Meat Puppets]] [[Curt Kirkwood]] e ao batería de [[Sublime (grupo musical)|Sublime]] [[Bud Gaugh]] para formaren [[Eyes Adrift]], que se separou en [[2003]]. Despois de Eyes Adrift, Novoselic anunciou que deixaría o negocio da música, xa que non lle gustaba a excesiva promoción dos novos lanzamentos. Porén, recentemente, Novoselic traballou ocasionalmente para a edición dun posible álbum en solitario.