Circuíto de Spa-Francorchamps: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición de esta páxina procede da información de en:Circuit de Spa-Francorchamps
Liña 60:
Spa está situado na campiña das Ardenas belgas, e o vello circuíto era (e segue sendo) usado como camiño público todos os días, había casas, árbores, postes eléctricos, currais, campos e outros obstáculos situados xusto á beira da pista. Ata 1970, non houbo modificacións de seguridade de ningún tipo no circuíto e as condicións do circuíto eran, agás dunhas cantas balas de palla, prácticamente idénticos ao uso civil cotiá. O ex piloto de Fórmula Un [[Jackie Oliver]] comentou "se saías da estrada, non sabías o que ías golpear".<ref>http://www.youtube.com/watch?v=_VtQ9Uc062M</ref>
 
Spa foi o circuíto máis rápido por estrada en Europa no momento, e que tiña unha mala reputació,n por ser perigoso e moi rápido, era un circuíto coñecido por ser para valentes, a maioría dos pilotos asustábanse nel. O vello circuíto de Spa era o único en que a velocidade era consistentemente alta sen apenas tregua en absoluto durante 3-4 minutos. Isto fixo que fose un reto mental extraordinariamente difícil, porque a maioría das curvas eran tomadas a máis de 290 quilómetros por hora e cada curva era tan importante como a anterior. Se un piloto levantaba minimamente o pe do acelerador, perdía non décimas, senonsenón segundos enteiros. Incluso o máis mínimo erro de calquera tipo era castigado moi duramente en máis dun sentido. Con todo, esta realidade inversamente tamén provocaba poder obter enormes vantaxes se un piloto saía dunha curva un pouco máis rápido.
 
Do mesmo xeito que os circuítos de [[Nürburgring]] e [[Circuíto da Sarthe | Le Mans]], Spa fíxose famoso polos accidentes mortais, xa que cada ano había moitas mortes na pista ultra-rápida, no [[Gran Premio de Bélxica de 1960]] 2 pilotos, [[Chris Bristow]] e [[Alan Stacey]] morreron con 15 minutos de diferenza (aínda que o accidente de Stacey causouno un paxaro que golpeouno na cara) e [[Stirling Moss]] estrelouse en Burnenville durante a práctica e lesionouse gravemente. Cando engadíronse as [[Barreira do tráfico | barreiras de seguridade Armco]] á pista en {{f1|1970}}, as mortes fixéronse menos frecuentes alí, pero a pista seguía sendo notoria por outros factores. O bosque das Ardenas tiña un clima moi impredicible e había partes onde estaba chovendo e a pista estaba mollada, e outras partes onde o sol brillaba e a pista estaba completamente seca. Este factor foi un elemento común nos circuítos longos, pero o tempo en Spa foi sempre máis impredicible que noutros circuítos longos, combinado co feito de que era unha pista de ultra alta velocidade con todas as curvas, agás La Source, de extremadamente alta velocidade converterona nunha das pistas de carreiras máis perigosas do mundo. {{f1|1970}} foi o último ano ata {{f1|1983}} en que se diputou nel unha carreira de F1. Múltiples vítimas mortais durante as carreiras de turismos das 24 Horas de Spa de 1973 e 1975 selaron o destino do vello circuíto, e {{f1|1978}}, foi o último ano do circuíto de Spa no seu trazado orixinal, as únicas grandes carreiras disputadas alí foron o [[Gran Premio de Bélxica de motociclismo]] e as [[24 Horas de Spa]] de carreiras de turismos, A carreira dos 1000 km Campionato Mundial de Sportscar non se disputou logo de 1975 e non regresou ata 1982.{{Citation needed|date=March 2010}}
Liña 86:
Desde o principio, o lugar foi famoso polo seu clima impredicible. Con frecuencia os pilotos enfróntanse a unha parte da pista que se está clara e brillante, mentres que outro tramo é chuvioso e resbaladizo. O circuíto probablemente demostra a importancia da habilidade do piloto máis que calquera outro no mundo. Isto débese en gran parte ás curvas de Eau Rouge e Blanchimont, que deben tomarse a fondo para lograr unha saída rápida nas rectas logo delas, que axudan ao piloto, tanto a lograr unha volta rápida como a adiantar.
[[ficheiro:Eau Rouge01.jpg|thumb|right|Auga vermella ("Eau rouge" en francés), a beira do río preto do circuíto]]
 
==== [[Eau Rouge]] ====
 
A parte máis famosa do circuíto é a combinación de Eau Rouge/Raidillon. Logo de negociar [[curva pechada | horquilla]] de La Source, os pilotos baixan por unha recta ata o punto no que a pista atravesa a corrente do río Eau Rouge por primeira vez. Os coches de [[Fórmula 1]] poden chegar a acadar velocidades de ata 320 km/h ao pasar o punto máis baixo, antes de cambiar abruptamente costa arriba nun varrido de esquerda a dereita que continua na recta Kemmel e remata nun cume cego. Falando con propiedade, a curva Eau Rouge é unicamente a curva a esquerdas da parte inferior. A seguinte curva a dereitas que apunta cara á subida foi introducida en 1939 para atallar a curva orixinal "Ancienne Douane", chamada Raidillon ([[:fr:Raidillon de l'Eau Rouge]]).
 
A curva require gran cantidade de habilidade do piloto para negociala ben e a longa recta Kemmel produce boas oportunidades de adiantamento para os pilotos na seguinte curva "Les Combes". A curva era máis estreita e máis angosta (se fixo máis ampla en 1970, cando se actualizou o circuíto) no vello circuíto do que é hoxe en día. Agora é máis rápida.
 
O Campión do Mundo de F1 de {{f1|2005}} e {{f1|2006}} [[Fernando Alonso]] a explicou:
 
{{Cita|"Entras na curva costa abaixo, tes un repentino cambio de dirección na parte máis baixa e entón hai unha abrupta subida. Desde o [[cockpit]] non se pode ver a saída, e conforme subes ata o cume non sabes onde vas aterrar. É unha curva crucial para o tempo da volta, e tamén na carreira, porque hai unha longa subida que a segue onde se pode perder moito tempo se cometes un erro. Pero tamén é unha curva importante para as sensacións do piloto. Xera sensacións especiais en cada volta, porque tamén se comprime todo o corpo cando pasas polo punto máis baixo da curva. É moi estraño, pero tamén moi divertido".<ref>[http://www.formula1.com/news/headlines/2004/8/2097.html 2004 Belgium Grand Prix – Selected driver quotes] The Official Formula One Website</ref>}}
 
O reto para os pilotos sempre foi tomar Eau Rouge-Raidillon co acelerador a fondo. Os [[Carreiras de coches de turismo | coches de turismo]] poden tomar a curva a 160-180 km/h, os de [[Fórmula Un]] a máis de 300 km/h.<ref>[http://atlasf1.autosport.com/2000/bel/preview/bellap.jpg F1 performance map at Spa-Francorchamps]</ref> Isto é debido á enorme cantidade de carga aerodinámica nos coches. Un coche pode ir a tope, senón levanta o pe do acelerador en Eau Rouge, desde a curva de La Source ao longo da recta Kemmel ata Les Combes, unha distancia total de 2´015 km.
 
Aínda así, unha perda de control nesta sección a miúdo conduce á grandes derrapes, adoitase perder a parte traseira do coche e o impacto é a maioría das veces lateral. Eau Rouge cobrouse varias vítimas nos últimos anos, entre eles [[Stefan Bellof]] nun [[Porsche]] deportivo, Guy Renard durante as 24h de Spa-Francorchamps en 1990 nun Toyota Corolla GT e tamén causou espectaculares accidentes a [[Alex Zanardi]] en 1993 e [[Jacques Villeneuve]] na cualificación en 1999, quen cualificouno como "O meu mellor accidente da historia", seguido polo seu compañeiro de equipo [[Ricardo Zonta]] nun accidente similar, que levou ao debuxante [[Jim Bamber]] mostrando ao xefe de BAR, Craig Pollock dicindo a Zonta: "Jacques é o máis rápido en Eau Rouge, así que vaia e faga exactamente o que fai Jacques ..."
 
Trala morte de [[Roland Ratzenberger]] e [[Ayrton Senna]] en [[Autodromo Enzo e Dino Ferrari | Imola]] en {{f1|1994}}, as seguintes carreiras de F1 introduxeron chicanas compostas de pneumáticos apilados. A entrada a Eau Rouge foi obstruida de tal xeito no ano 1994, malia que foi devolto á súa gloria anterior ao ano seguinte. A curva foi lixeiramente modificada para o ano 2002, pero aínda conserva o seu carácter.
 
[[Ficheiro: MOV 0489.theora.ogv | thumb | right | 320px | Spa Francorchamps recta Kemmel]]
 
==== Blanchimont ====
 
A alta velocidade da curva a esquerda de Blanchimont, presente tanto no vello circuíto de 14 km. como no máis curto de 7 km., é unha longa curva ao final da pista antes da chicana que conduce á recta de boxes.
 
Esta curva e o achegamento a ela causaron accidentes graves no tempo, o máis recente en 2001, cando [[Luciano Burti]] perdeu o alerón dianteiro do seu [[Prost Grand Prix | Prost]] debido a un choque co Jaguar de [[Eddie Irvine]], perdeu a carga aerodinámica dianteira e a dirección, saíuse da pista a 298 km/h e bateu contra o muro de pneumáticos, o impacto noqueouno e enterrou o coche nun montículo de pneumáticos. Tamén producíronse problemas nas fórmulas máis baixas [[Tom Kristensen]] tivo un choque moi violento nun coche de Fórmula 3000 en 1997 logo de derrapar na entrada da curva de Blanchimont e posteriormente chocar contra a muro, rebotou e quedou no medio da pista, onde foi golpeado por varios coches antes de deterse por completo.<ref>[http://www.tomkristensen.com/karriere.aspx?yearID=d3f50014-55c6-4e1a-b8a0-8712121e9969 The Official Tom Kristensen Website]</ref>
 
A zona de escape é máis estreita que noutras curvas desa velocidade, e detrás das barreiras de protección hai unha caída de 7-8 metros. Esta é a primeira curva, tomada polos coches logo de que a nova pista reúnese co trazado da antiga pista de 14 km. Blanchimont foi tamén o escenario onde en 1992 logo de que [[Érik Comas]] se estrelara fortemente durante a sesión do venres, Ayrton Senna detívose, apeouse do seu coche e correu para axudar ao piloto ferido, con outros coches pasando a velocidades de carreira.
 
== Trazado do circuíto ==
Liña 98 ⟶ 124:
 
Nesta pista vivíronse grandes duelos, como o de [[Mika Häkkinen]] e [[Michael Schumacher]] no ano 2000, cando o finlandés pasou ao alemán na recta de Kemmel dobrando á súa vez ao piloto brasileiro [[Ricardo Zonta]]. Ademais o circuíto foi escenario de numerosos accidentes, como o producido na saída do [[Gran Premio de Bélxica de 1998]] na cal 13 pilotos víronse involucrados nun espectacular accidente, afortunadamente sen consecuencias.
 
 
 
=== Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Spa-Francorchamps ===