Trastorno de personalidade esquizoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 14:
A tradición descritiva comeza coa descrición que [[Ernst Kretschmer]] (1925)<ref>{{cita libro|autor= Kretschmer, Ernst|título= Physique and Character|localización= London |editor= Kegan, Paul, Trench & Trubner | ano=1925|url=http://www.archive.org/details/physiqueandchara031966mbp|id=ISBN 978-1-4067-4497-2}}</ref> fai do comportamento esquizoide, que el catalogou en tres tipos de características: (1) insociabilidade, tranquilidade, reserva, seriedade e excentricidade; (2) timidez, segredo sentimental, sensibilidade, nervosismo, excitabilidade e gosto pola natureza e polos libros; e (3) docilidade, amabilidade, honestidade, indiferenza, silencio e actitudes emocionais frías. Nesas características podemos ver as raíces da división (no DSM-IV) do carácter esquizoide en tres diferentes trastornos de personalidade, aínda que o propio Kretschmer non concibise a separación deses comportamentos até ao punto do illamento radical entre eles, considerando, en vez diso, que eles se encontran simultaneamente presentes nos individuos esquizoides. Para Kretschmer a maioría dos esquizoides non son ou hipersensibles ou fríos, senón hipersensibles e fríos "ao mesmo tempo" en diferentes proporcións relativas, con tendencia para moverse entre estas dimensións dun comportamento para o outro.
 
O segundo camiño, da psiquiatría dinámica, comezou coa observación por Eugen Bleuler (1924)<ref>{{cita libro |autor= Bleuler, Eugen|título= Textbook of Psychiatry|localización=New York|editor= Macmillon |ano=1924}}</ref> de que a persoa esquizoide e a patoloxía esquizoide non son entidades que poidan ser separadas. En 1940, W.R.D.Fairbairn presentou o seu traballo sobre a personalidade esquizoide,<ref>{{Cita publicación periódica |apelidos= Fairbairn |nome= William R.D.|ano=1940,1952|título= Schizoid Factors in the Personality|revista= Psychoanalytic studies of the personality|páxinas=3-27|id= ISBN 0-415-05174-6|url= http://books.google.pt/books?id=EVcrDftmn7EC&pg=PA3}}</ref> onde a maior parte do que é hoxe coñecido sobre o fenómeno esquizoide pode ser encontrado. Aí Fairbairn referiu catro temas esquizoides centrais: primeiro, a necesidade de regular a distancia interpersoal como un foco central de preocupación; segundo, a habilidade para mobilizar as defensas de auto-preservación e autoconfianza; terceira, unha difusa tensión entre a necesidade cargada de ansiedade de unión e a necesidade defensiva de distancia, que se manifesta exteriormente como indiferenza; e, en cuarto, unha super-valorización do mundo interior sobre o mundo exterior. Tras de Fairbairn, continuaron a ser feitos ricos estudos sobre o carácter esquizoide, concretamente por autores como Nannarello (1953)<ref name=Nannarello>{{Cita publicación periódica |autor= Nannarello, Joseph J.|ano=1953 |título=Schizoid |revista= Journal of Nervous and Mental Disease |volume= 118 |número= 3|páxinas= 237-249|url=http://journals.lww.com/jonmd/Citation/1953/09000/Schizoid.4.aspx}}</ref>, Laing (1960)<ref>{{cita libro|autor= Laing, R.D.|título= The Divided Self |editor= Tavistock Publications |ano=1960|url=http://books.google.pt/books?id=f2Dz6n0eTXAC|id=ISBN 978-0-415-19818-9}}</ref>, Winnicott (1965)<ref>{{cita libro|autor= Winnicott, D. W.|título= Maturational Process and the Facilitating Environment|editor= International Universities Press|ano=1965|url=http://books.google.pt/books?id=WbGIEhINP6kC|id=ISBN 978-0-946439-84-3}}</ref>, Guntrip (1969)<ref name=Guntrip>{{cita libro|autor= Guntrip, Harry|título= Schizoid Phenomena, Object-Relations, and The Self|localización= New York|editor= International Universities Press|ano=1966|url=http://books.google.pt/books?id=NFthUnBVwNEC|id= ISBN 978-1-85575-032-6}}</ref>, Khan (1974)<ref>{{cita libro|autor= Khan, Masud R.|título= The Privacy of the Self|editor= Karnac Publications|ano=1974|id=ISBN 978-0-8236-4310-3}}</ref>, Akhtar (1987)<ref name=Akhtar>{{Cita publicación periódica|autor= Akhtar, Salman|ano=1987|mes = Outubro |título= Schizoid Personality Disorder: A Synthesis of Developmental, Dynamic, and Descriptive Features |revista= American Journal of Psychotherapy | páxinas= pp. 499-518}}</ref>, Seinfeld (1991)<ref>{{cita libro|autor= Seinfeld, Jeffrey|título= The Empty Core: An Object Relations Approach to Psychotherapy of the Schizoid Personality|editor= Jason Aronson|ano=1991|id= ISBN 978-0-87668-611-9}}</ref>, Manfield (1992)<ref name=Manfield>{{cita libro|autor= Manfield, Philip |título= Split self/split object: understanding and treating borderline, narcissistic, and schizoid disorders|editor= Jason Aronson|ano=1992|id= ISBN 978-0-87668-460-3}}</ref> e Klein (1995)<ref name="klein">{{cita libro|autor= Klein, Ralph|título= Disorders of the Self: New Therapeutic Horizons|editor= Brunner/Mazel |ano=1995|url = http://books.google.pt/books?id=S5QL1yKHeBIC|id=ISBN 978-0-87630-786-1}}</ref>.
 
== Criterios de diagnóstico ==