Circuíto de Spa-Francorchamps: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 74:
Outra historia particularmente horrible sucedeu na carreira das 24 horas para turismos de 1972.<ref>[http://www.motorsportmemorial.org/focus.php?db=ct&n=3586 Léon Grisard] Motorsport Memorial</ref> Durante unha das súas paradas en boxes pola noite, [[Hans-Joachim Stuck]] gritou ó seu copiloto [[Jochen Mass]] por encima do ruído que debía "ter coidado coas partes do corpo en Masta Kink". Mass chegou alí esperando ver anacos de coche todo o camiño, pero arrepiouse ao descubrir que eran, de feito, os restos dun comisario da carreira.<ref>[http://www.grandprix.com/gpe/cir-070.html GP Encyclopedia &gt; Circuits &gt; Spa-Francorchamps] Grandprix.com</ref>
 
Logo de Masta, e ao final da recta posterior a Holowell, adoitaba haber unha horquilla na entrada á vila, que posteriormente foi anulada por unha curva peraltada á dereita máis rápida. Outra sección rápida no medio do bosque conducía a Blanchimont. DondeOnde, a nova pista curta do ano 1979 únese ao antigo trazado.
 
Dezaoito grandes premios do campionato mundial de Fórmula Un celebráronse na configuración orixinal do circuíto de Spa-Francorchamps, que foi boicoteado pola F1 en {{f1|1969}},<ref>{{cite web|url=http://en.espnf1.com/f1/motorsport/circuit/1264.html|title=Spa-Francorchamps|work=ESPN F1|publisher=ESPN EMEA Ltd.|accessdate=2010-09-01}}</ref> o récord de volta da antiga pista en forma de triángulo é de 3 minutos e 13,4 segundos, en poder do piloto francés [[Henri Pescarolo]], pilotando un [[Equipe Matra Sports|Matra]] nos 1000 km. de Spa de 1973 unha carreira do Campionato Mundial de Sportscar a unha velocidade media de 262 km/h, pero o tempo máis rápido xamais rexistrado no vello circuíto de Spa foi o tempo da pole para a mesma carreira de 3 minutos e 12,7 segundos logrado por [[Jacky Ickx]] nun [[Ferrari 312PB]].