Alexandre VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 130:
 
Mentres que case toda Italia se unía contra os franceses, [[Florencia]] permanecía apartada da liga. Fanatizados os florentinos polas sólamas visionarias do monxe Girolamo Savonarola, arroxaran aos Medicis dos seus dominios e crearan unha república partidaria de Carlos VIII, «salvador de Italia» segundo as figuracións místicas do exaltado monxe. Foi a actitude política de Savonarola, unida ao seu espírito reformista, o que alarmou a Alexandre VI. O desafiante Savonarola foi excomungado, sentenciado a morte e queimado vivo en maio de 1498 en Florencia.
=== Segunda guerra de Nápoles ===
{{AP|Guerra de Nápoles (1501-1504)}}
[[Ficheiro:Alexander - Bolla "Desiderando nui", dopo il 18 settembre 1499 - 2951587.tif|miniatura|''Desiderando nui'', 1499]]
En Francia, á morte de Carlos VIII (1498), sucedeulle o seu primo, o duque de Orleáns, [[Luís XII de Francia|Luís XII]], quen subscribiu con Fernando o Católico o [[Tratado de Granada (1500)|tratado reservado de Granada]] (1500) polo que ambos se repartían o reino de Nápoles, aínda baixo o dominio de [[Federico I de Nápoles|Federico I]]. O papa estivo de acordo, vendo o beneficio que extraería desta partición. En xuño de 1501 depuxo ao monarca napolitano baixo a acusación de urdir un contubernio cos turcos en contra da cristiandade e permitiu que franceses e catalano-aragoneses emprendesen a conquista.{{Harvnp|Zurita|2005|p=Libro IV, Cap. XLIII}} Xurdidas as primeiras diverxencias entre os coaligados, Alexandre evitou decantarse por un ou outro bando; a dúbida quedou despexada cando en 1503 [[Fernando de Andrade das Mariñas|Fernando de Andrade]] e [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], o Gran Capitán, derrotaban aos franceses nas [[batalla]]s de [[Batalla de Seminara (1503)|Seminara]], [[batalla de Ceriñola|Cerignola]] e [[Batalla do Garellano (1503)|Garellano]], inclinando a guerra ao lado aragonés; o papa prometeu a súa axuda unha vez fose tomada [[Gaeta]],{{Harvnp|Zurita|2005|p=Libro V, Cap. XXXVIII}} pero morreu antes de que chegase a ocorrer.
 
==Notas==