Casa de Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Oilisab (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Véxase o exemplo da cuarta acepción de "casa" no DRAG.
Liña 1:
[[Ficheiro:Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.Galicia-España.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro]] ([[A Capela]]) do que foron ''encomendeiros'' os Andrade]]
 
A '''Casacasa de Andrade''' foi unha liñaxe da [[nobreza]] galega, que acadou o seu auxe na [[Baixa Idade Media]]. Os primeiros membros desta liñaxe aparecen nomeados a mediados do [[século XII]], nos Tombos dos mosteiros de [[Mosteiro de Caaveiro|Caaveiro]] e [[Mosteiro de Monfero|Monfero]]. Collen o nome da freguesía, logo couto, de [[Andrade, Pontedeume|Andrade]], situada entre os dominios de ambos os dous mosteiros. Na actualidade, dita freguesía é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] do concello de [[Pontedeume]].
 
==Os primeiros Andrade==
Liña 24:
Sostén Carlos de Castro, que o apelido de '''Xohan Freire de Andrade''' ([[1270]]-[[1330]]), avó de [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo]], primeiro señor de Pontedeume, era un ''dictus'' (alcume) de Xohan Fernández, do cal si temos documentación como doante ao mosteiro de Monfero nun lugar onde tradicionalmente a familia Andrade doou ao este mosteiro. Baralla dúas hipóteses: Xohan Freire era fillo de Fernán Pérez de Andrade I, ou ben era fillo de Pero Fernández de Andrade I. Fíxose coa encomenda do couto de Caaveiro e casou con María Suárez da que tivo catro fillos.
 
O seu fillo, '''Rui Freire de Andrade''' ([[1308]]-[[1362]]) continúa coa encomenda de Caaveiro, que é a que dá o liderado familiar. Casou tres veces e foi pai de dúas mulleres e catro homes. Vai ser precisamente un dos seus fillos, Fernán Pérez de Andrade, quen se converta no primeiro Señorseñor de Pontedeume, [[Ferrol]] e, pouco despois, [[Vilalba]].
 
É salientábel tamén a figura doutro fillo seu que exemplifica mellor ca ninguén o espallamento da familia fóra da terra natal. Tal foi [[Nuno Freire de Andrade, mestre da orde de Cristo|Nuno Freire de Andrade]], emigrado a [[Portugal]] onde pasou a maior parte da súa vida. Iniciador da liñaxe dos Andrade portugueses, recibiu do rei [[Pedro I de Portugal|don Pedro I]] a dignidade de Mestre da [[Orde de Cristo]] e foi valido seu. Pedro I encomendoulle o coidado do seu fillo bastardo [[João I de Portugal|don Joaõ]] que chegaría a ser rei de Portugal. Tamén tívoo en moita estima o rei [[Fernando I de Portugal|Fernando I]] que o nomeou gobernador da cidade da [[A Coruña|Coruña]] durante un breve período ([[1370]]-[[1371]]) de ocupación portuguesa da cidade, pouco antes da súa morte. Descendentes salientábeis del son o seu neto [[García Rodríguez de Valcarce]], primeiro señor da vila de [[As Pontes de García Rodríguez|As Pontes]]<ref>Lamigueiro Fernández, Xosé L.:''Ascendencia e familia próxima de García Rodríguez de Valcarce o das Pontes''.Revista Cátedra nº 13 (2006). ISSN 1133-9608</ref>; e o descubridor do [[Brasil]], [[Pedro Álvares Cabral]].
 
==Os Señoresseñores de Pontedeume, Ferrol e Vilalba==
[[Ficheiro:Pontedeume-Andracast-04.jpg|miniatura|250px|Castelo dos Andrade en [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]] (Pontedeume), mandado facer por [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo]].]]
A Casacasa de Andrade inicia a súa idade dourada cun fillo de Rui Freire de Andrade: [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo|Fernán Pérez de Andrade]], chamado ''O Bo'', figura sobranceira na Galiza do seu tempo. Foi nomeado '''Señorseñor de Ferrol e Pontedeume''' por [[Henrique II de Castela|Henrique II de Trastámara]], mediante privilexio de 19 de decembro de [[1371]] e, polo mesmo rei, '''Señorseñor de Vilalba''' en 3 de agosto de [[1373]].
 
Sucédeno nestes señoríos sete descendentes ata a unión da Casacasa de Andrade coa de [[Casa de Lemos|Lemos]]. O penúltimo destes señores, Diego de Andrade, recibe dos Reis Católicos o título de '''Conde de Vilalba'''. Ao seu fillo Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas, último señor antes da fusión coa Casacasa de Lemos, se lle outorga o título de '''Conde de Andrade''' en data descoñecida.
 
Velaí a listaxe dos seis primeiros señores que non chegaron a seren condes:
Liña 42:
#'''[[Fernán Pérez de Andrade, O Mozo]]''', tío de Dona María.
 
==Os Condescondes de Vilalba e Andrade e a fusión coa Casacasa de Lemos==
[[Ficheiro:Pontedeume.Galiza.041.jpg|miniatura|dereita|250px|''[[Convento de Santo Agostiño de Pontedeume|Convento de Santo Agostiño]]'' en Pontedeume, fundado por [[Fernando de Andrade]].]]
Casou Fernando de Andrade con Francisca de Zúñiga, viúva de Diego de Acevedo, conde de Monterrey e curmán seu. Unha das súas tres fillas, Tareixa de Andrade casou con [[Fernando Ruíz de Castro Osorio|Fernando Ruíz de Castro Osorio de Portugal]], primeiro marqués de Sarria e, máis tarde, cuarto Conde de Lemos.
 
Por ter falecido dona Tareixa antes ca seu pai, foi o seu fillo, [[Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal]], o segundo Conde de Andrade. Así mesmo sucede a seu pai sendo o quinto Conde de Lemos, fusionándose deste xeito as liñaxes de Andrade e Lemos. Hoxe forma parte do conxunto de títulos da [[Casacasa de Alba]].
 
A continuación vai a listaxe dos primeiros condes de Andrade, que a partir do terceiro o son tamén de Lemos. Todos eles continúan sendo señores de Ferrol e Pontedeume:
Liña 68:
 
===Ligazóns externas===
* [http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/andrade2.htm Xenealoxías dos Señoresseñores de Andrade ata a fusión coa Casacasa de Lemos] {{es}}
* [http://grandesp.org.uk/historia/gzas/lemos.htm Ampla xenealogía e títulos dos condes de Lemos en "Grandes de España"] {{es}}
* [http://fundacionandrade.es sitio official dos condes de Andrade "Grandes de España"] {{es}}