Diferenzas entre revisións de «Casa de Bernadotte»

Véxase o exemplo da cuarta acepción de "casa" no DRAG.
(Véxase o exemplo da cuarta acepción de "casa" no DRAG.)
[[Ficheiro:Bernadotte coa.svg|dereita|miniatura|225px|Escudo da Casa de Bernadotte.]]
A '''Casacasa Realreal de Bernadotte''' é a actual casa real de [[Suecia]], que leva reinando desde [[1818]]. Entre 1818 e [[1905]] foi tamén a casa real de [[Noruega]].
 
Esta casa real foi fundada por [[Jean Baptiste Jules Bernadotte]], nacido en Pau, mariscal de [[Napoleón]], escollido como sucesor do derradeiro rei da [[Casa de Holstein-Gottorp|dinastía Holstein-Gottorp]] [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que morreu sen descendencia. O mariscal francés foi coroado en 1818 como [[Carlos XIV de Suecia]] (coñecido en Suecia como Carlos XIV Xoán) e Carlos III de Noruega (Carlos III Xoán).
 
==Historia==
Despois da [[Guerra Finlandesa]] en [[1809]], Suecia sufriu a perda traumática de [[Finlandia]], que viña constituíndo a metade oriental do [[Monarquía|reino]] sueco durante séculos. A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei [[Gustavo IV Adolfo de Suecia|Gustavo IV Adolfo]] precipitaron un [[golpe de Estado]]: o tío de Gustavo Adolfo, [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que non tiña fillos, substituíno. Iso foi meramente unha solución temporal, pois, en [[1810]], o [[Riksdag]] elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.
 
Como [[Napoleón I de Francia]] era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre grande parte da [[Europa Continental]], a través dunha rede de [[Estado satélite|reinos satélites]] levados polos seus irmáns (ver [[Primeiro Imperio Francés]]), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase. O [[21 de agosto]] de [[1810]], o Riksdag escolleu a [[Jean-Baptiste Bernadotte]], [[mariscal de Francia]], como [[herdeiro aparente]] do trono.
10.315

edicións