Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas=: arranxiño
Isili0n (conversa | contribucións)
Véxase o exemplo da cuarta acepción de "casa" no DRAG.
Liña 1:
[[Ficheiro:CasaAustria.png|miniatura|dereita|275px|Árbore xenealóxica dos reis de España da casa dos Austria (en laranxa). Inclúese o seu parentesco coas casas de [[Casa de Trastámara|Trastámara]] (en verde) e [[Casa de Borbón|Borbón]] (en rosa). Nota: Filipe I foi só rei de Castela.]]
 
A '''Casacasa dos Austria''' é o nome co que se coñece á [[Habsburgo|dinastía Habsburgo]] reinante na [[Monarquía Católica|Monarquía Hispánica]] nos séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XVII|XVII]]; desde a [[Concordia de Villafáfila]] ([[27 de xuño]] de [[1506]]) en que [[Filipe I de Castela|Filipe I o Fermoso]] é recoñecido como rei consorte da [[Coroa de Castela]],<ref>[[Jerónimo Zurita]]: [http://www.dpz.es/ifc2/libros/2584/ebook2584.asp Historia del rey Don Fernando el Católico. De las empresas, y ligas de Italia], libro VII, cap. VII.</ref> quedando para o seu sogro [[Fernando II de Aragón e V de Castela|Fernando o Católico]] a [[Coroa de Aragón]], ata a morte sen sucesión directa de [[Carlos II de España|Carlos II o Enfeitizado]] ([[1 de novembro]] de [[1700]]), feito que provocou a [[Guerra de Sucesión Española]]. A rama dinástica española dos Habsburgo seguiu por parte da filla de D. Juan José de Austria, Dª. Margarita da Cruz de Habsburgo, que abandonou os hábitos o 17 de setembro de 1681 para contraer matrimonio co nobre galego D. Felipe de Romay.
 
== Historia ==
Liña 8:
A [[Monarquía Católica]] (tamén coñecida como Monarquía Hispánica) foi durante toda esa época a maior potencia de [[Europa]]. Durante os chamados '''Austrias maiores''' ([[Carlos I de España|Carlos V]] e [[Filipe II de España|Filipe II]]) alcanzou o apoxeo da súa influencia e poder, sobre todo coa incorporación de [[Portugal]] e [[Imperio Portugués|o seu extenso imperio]]; mentres que os reinados dos chamados '''Austrias menores''' ([[Filipe III de España|Filipe III]], [[Filipe IV de España|Filipe IV]] e [[Carlos II de España|Carlos II]]), coincidentes co mellor do [[Século de Ouro]] das artes e as letras, significaron o que se coñece como "decadencia española": a perda da hexemonía europea e unha profunda crise económica e social.
 
A supremacía marítima española no [[século XVI]] foi demostrada coa vitoria sobre os [[Imperio Otomán|otomans]] en [[Batalla de Lepanto|Lepanto]] ([[1571]], máis importante simbolicamente que polas súas consecuencias) e, despois do contratempo da [[Armada Invencible]] ([[1588]], de consecuencias tamén sobrevaloradas) nunha serie de vitorias contra [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] na [[Guerra anglo-española de 1585-1604]]. Con todo a mediados do [[século XVII]] o poder marítimo da Casacasa dos Austria sufriu un longo declive con derrotas sucesivas fronte ás [[Provincias Unidas]] e despois Inglaterra; durante os anos 1660 estaba loitando desesperadamente para defender as súas posesións exteriores de [[pirata]]s e [[corsario]]s. No continente europeo os Habsburgo de Madrid involucráronse na defensa dos seus parentes de Viena na longa [[Guerra dos Trinta Anos]], que aínda que comezou con boas perspectivas para as armas españolas, terminou catastroficamente tras a [[crise de 1640]], coa sublevación simultánea de Portugal (que se separou definitivamente), [[Principado de Cataluña|Cataluña]] e [[Reino de Nápoles|Nápoles]]. Na segunda metade do século XVII os españois foron substituídos na hexemonía europea pola [[Francia]] de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]].
 
== Os inicios do imperio (1504-1521) ==
Liña 62:
[[Ficheiro:Francisco de Zurbarán 014.jpg|miniatura|esquerda|200px|''A [[defensa de Cádiz]]'', por [[Zurbarán]].]]
Manter Portugal baixo control requiriu unha ampla forza de ocupación e España estaba aínda recuperándose da quebra de 1576. En 1584 Guillerme de Orange foi asasinado por un fanático católico. A morte do popular líder da resistencia holandesa (cuxa cabeza fora posta a prezo por Filipe II) esperábase que traería o fin da guerra, pero non o fixo. En 1586, a raíña [[Isabel I de Inglaterra]], apoiou a causa protestante nos Países Baixos e Francia, e [[Francis Drake|Sir Francis Drake]] fustrigaba os intereses comerciais españois no [[Caribe (rexión)|Caribe]] e o [[Océano Pacífico]], xunto cun ataque particularmente agresivo ao porto de [[Cádiz]].
[[Ficheiro:Invincible Armada.jpg|miniatura|dereita|250px|A [[Armada Invencible]] (1588).]]En 1588, esperando acabar coa intromisión de Isabel, Filipe enviou a [[Armada Invencible]] a atacar Inglaterra. Dos 130 barcos enviados na misión, só a metade regresaron a España sen incidentes, e uns 20.000 homes pereceron. Algunhas foron vítimas dos barcos ingleses, pero a maioría fórono do duro tempo atopado durante a súa viaxe de regreso. O desastroso resultado, consecuencia dunha combinación do tempo desfavorable e da sorte e eficacia da frota inglesa de [[Lord Howard de Effingham]], provocou unha completa revisión e reparación dos barcos da armada española, as armas e as tácticas. Os ataques ingleses foron respondidos, e grazas a un errado contraataque inglés ([[Armada Inglesa]]) o poder naval español recuperou rapidamente a posición preeminente que mantivo durante outro medio século. España tamén proporcionou axuda a unha durísima guerra irlandesa que baleirou a Inglaterra de recursos e onde tamén resultaron asaltados os pobos costeiros ingleses. Non entanto, agora a Casacasa de Austria tiña outra vez un poderoso inimigo con quen competir, forzando a España a manter unha armada aínda máis forte e cara, ademais dos enormes gastos dos exércitos nos seus moitos territorios dispersos.
 
España implicouse na guerra relixiosa de Francia logo da morte de Henrique II. En 1589, [[Henrique III de Francia|Henrique III]], o último da liñaxe [[dinastía Valois|Valois]], morreu nas murallas de [[París]]. O seu sucesor, [[Henrique IV de Francia|Henrique IV de Navarra]], o primeiro rei de Francia [[Casa de Borbón|Borbón]], foi un home de gran capacidade, que obtivo vitorias crave contra a [[Liga Católica]] en [[Batalla de Arques|Arques]] (1589) e [[Batalla de Ivry|Ivry]] (1590). Decididos a evitar que Henrique se convertese en rei de Francia, os españois dividiron o seu exército nos Países Baixos e invadiron Francia en 1590.
Liña 69:
 
== "Deus é español" (1596-1626) ==
[[Ficheiro:Estandarte Real de Felipe II.svg|miniatura|200px|dereita|[[Estandarte do Rei de España|Estandarte]] dos monarcas da Casacasa dos Austria en [[España]], usado desde 1580 ata 1668.]]
Afrontando as guerras contra Inglaterra, Francia e os Países Baixos, cada unha dirixida por líderes extraordinariamente capaces, a xa esgotada España estaba desbordada. Loitando continuamente contra a [[piratería]] que dificultaba o seu tráfico marítimo no [[Océano Atlántico|Atlántico]] aínda que non interrompía os seus vitais envíos de ouro desde o Novo Mundo (só foi capturado un dos convois, o de 1628, polo holandés [[Piet Hein]]), a Real Facenda viuse forzada a admitir a quebra de novo en 1596. Os españois intentaron liberarse de varios conflitos nos que estaban involucrados, primeiro asinando a [[Paz de Vervins]] con Francia en 1598, recoñecendo a Henrique IV (convertido ao catolicismo desde 1593) como rei de Francia e restaurando moitas das estipulacións da anterior [[Paz de Cateau-Cambrésis]]. Un tratado con Inglaterra foi acordado en 1604, logo da ascensión do máis tratable rei [[Casa de Estuardo|estuardo]] [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe I]].
 
Liña 93:
Logo de [[1636]], non entanto, Olivares, medorento de poder provocar outra desastrosa quebra, parou o avance. O exército español nunca penetraría de novo. Así, os franceses gañaron tempo para mobilizarse correctamente. Na [[Batalla das Dunas (1639)|batalla das Dunas]] en [[1639]] unha frota española foi destruída pola armada holandesa, e os españois atopáronse incapaces de reforzar e prover adecuadamente ás súas forzas nos Países Baixos. O Exército de Flandres español, que representou o mellor dos soldados e líderes españois, enfrontouse a unha invasión francesa liderada por [[Luís II de Condé|Luís II de Borbón, príncipe de Condé]] nos Países Baixos Españois en [[Batalla de Rocroi|Rocroi]] en [[1643]]. Os españois, liderados por [[Francisco de Melo]], foron devastados, coa maioría da infantería española masacrada ou capturada pola cabalería francesa. A boa reputación do Exército de Flandres foi esnaquizada en Rocroi, e con ela, o esplendor de España.
 
== O fin da Casacasa de Austria (1643-1700) ==
Apoiados polos franceses, os [[Cataluña|cataláns]], [[Reino de Nápoles|napolitanos]] e [[Portugal|portugueses]] levantáronse en revolta contra o monarca español nos anos 1640. Cos Países Baixos Españois efectivamente perdidos logo da [[batalla de Lens]] en 1648, os españois fixeron as paces cos holandeses e recoñeceron a independencia das Provincias Unidas na [[Paz de Westfalia]] que acabou tanto coa [[Guerra dos Oitenta Anos]] como a [[Guerra dos Trinta Anos]].
 
Liña 107:
Carlos e o seu rexencia foron incompetentes en ocuparse da [[Guerra de Devolución]] que [[Luís XIV de Francia]] levou adiante contra os Países Baixos Españois en 1667-1668, perdendo considerable prestixio e territorio, incluíndo as cidades de [[Lille]] e [[Charleroi]]. Na [[Guerra dos Nove Anos]] Luís de novo invadiu os Países Baixos Españois. As forzas francesas lideradas polo [[François-Henri de Montmorency, duque de Luxemburgo|duque de Luxemburgo]] derrotaron aos españois en [[Batalla de Fleurus (1690)|Fleurus]] (1690), e posteriormente venceron ás forzas holandesas baixo [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]], que loitaban no bando de España. A guerra acabou coa maioría dos Países Baixos Españois baixo ocupación francesa, incluíndo as importantes cidades de [[Gante]] e [[Luxemburgo (cidade)|Luxemburgo]]. A guerra mostrou ao mundo o vulnerables e atrasadas que eran as defensas e burocracia españolas, aínda que o ineficaz goberno español non tomou ningunha acción para melloralas.
 
As últimas décadas do século XVII viron a decadencia e o estancamento completo en España; mentres o resto de Europa pasou por apaixonantes cambios no goberno e a sociedade -a [[Revolución Gloriosa]] en Inglaterra e o reinado do "Rei Sol" [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] en Francia- España continuou á deriva e pechada en si mesma. A burocracia española que se forxou ao redor do carismático, traballador e intelixente Carlos I e Filipe II esixía un monarca sólido; a debilidade de Filipe III e IV levou á decadencia de España. Como os seus desexos finais, o rei de España sen fillos desexou que o trono pasase ao príncipe Borbón [[Filipe V de España|Filipe de Anjou]], no canto da un membro da familia que lle atormentou durante toda a súa vida. Carlos II morreu en 1700, finalizando a liña da Casacasa dos Austria exactamente dous séculos despois de que nacese Carlos I.
 
== A sociedade española e a Inquisición (1516-1700) ==