Zenón de Elea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
*Contradicción > contradición.
Liña 4:
== Pensamento ==
 
En opinión de [[Aristóteles]] foi o creador da ''[[dialéctica]]''. De acordo cunha descrición que fai Platón no diálogo ''Parménides'', Zenón serviuse da dialéctica como un instrumento para refutar a todos aqueles que se burlaban do seu mestre por negar o movemento e a pluralidade. Trátase, polo tanto, dunha ''dialéctica negativa'', que ve na contradiccióncontradición un límite para o pensamento: se a partir dunha afirmación calquera podemos argumentar que de aí se deriva un absurdo, entón deberemos concluír coa negación da afirmación de partida. En lóxica isto denomínase demostración por ''redución ó absurdo''.
 
Como acabamos de ver, as afirmacións que Zenón se propuña negar son dúas: a realidade do movemento e a pluralidade. É dicir, nega as certezas sensibles e de sentido común coas que vivimos todos os seres humanos.
 
En contra do [[movemento]] construíu catro argumentos. Segundo a testemuña de Aristóteles, o primeiro consiste en que “o movemento é falso porque o movido tería que chegar primeiro á metade de camiño, antes de poder chegar á meta”. Este razoamento presupón, primeiro, que o movemento consiste en trasladarse dun lugar a outro no espazo e, segundo, a [[infinito|infinita]] divisibilidade do [[espazo]]. Así, para recorrerpercorrer un traxecto desde un punto A a un punto B, antes hai que pasar por un punto intermedio C. Pero, para chegar a C, antes hai que pasar tamén polo punto D intermedio entre A e C. E así sucesivamente sen fin. É dicir, para ir dun sitio a outro hai que pasar por unha serie infinita de puntos. Pero isto resulta absurdo, xa que así nunca sería posible chegar a ningún sitio. Polo tanto, o movemento non pode ter verdade racional.
 
A_______D________C________________B
Liña 15:
O segundo e o terceiro argumentos en contra do movemento, os máis célebres, son o de “Aquiles, o dos pés lixeiros” e o da “frecha voadora”. Con relación a estes argumentos comenta [[Sexto Empírico]], con certa ironía, como Dióxenes de [[Sinope]] (o [[Cinismo|cínico]]) os refutaba todas as mañás: mesmo despois de levantarse, sen dicir palabra, poñíase a pasear de arriba a abaixo na súa estancia, probando así cos feitos o incrible que resultaban os argumentos de Zenón.
 
Respecto da pluralidade, servíase tamén de [[paradoxo]]s similares para mostrar o absurdo da mesma. Consideraba que de haber unha multiplicidade de cousas, estas serían finitas e infinitas en número. Mais, como isto resulta contradictoriocontraditorio extraía a conclusión de que a pluralidade non existe.
 
En conclusión, Zenón servíase da dialéctica para asentar racionalmente o punto de vista [[Monismo|monista]] e inmobilista de Parménides.