Marilyn Monroe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Suicidas mediante HotCat
Andalcant (conversa | contribucións)
Liña 72:
Monroe casou tres veces, rematando tódolos matrimonios en divorcio. O primeiro marido foi James Dougherty, o segundo [[Joe DiMaggio]] e o terceiro [[Arthur Miller]]. Tamén se di que estivo brevemente casada co escritor Robert "Bob" Slatzer, así como que tivo romances con [[John F. Kennedy|John]] e [[Robert F. Kennedy|Robert Kennedy]]. [[Marlon Brando]], na súa autobiografía ''Songs My Mother Taught Me'', dixo que tivo unha relación con ela, e que quedaron como amigos ata a súa morte. Durante os seus matrimonios sufriu dous abortos prematuros e un [[embarazo ectópico]].<ref>[http://www.pbs.org/wnet/americanmasters/episodes/marilyn-monroe/still-life/61/ "Marilyn Monroe: Still Life"]. ''PBS''. 19 de xullo de 2006. Consultado o 8 de maio 2011.</ref><ref>[http://www.telegraph.co.uk/news/celebritynews/5986060/Tony-Curtis-Marilyn-Monroe-miscarried-my-baby.html "Tony Curtis: 'Marilyn Monroe miscarried my baby'"]. ''The Guardian''. 7 de agosto de 2009. Consultado o 8 de maio 2011.</ref> Rumoreábase que Monroe e DiMaggio estaban a reconciliarse cando Monroe morreu.
 
As relacións de Monroe acapararon moita atención por parte da prensa. O grao de relación enreentre o Presidente Kennedy e Monroe non se fixo nunca público, malia que Casa Branca fíxolle chamadas a ela durante 1962.<ref>{{cita libro|nome=Barbara|apelido=Leaming|título=Jack Kennedy: The Education of a Statesman|ano=2006|páxinas=379–380|isbn=978-0-393051-61-2}}</ref><ref>{{cita libro|nome=Robert|apelido=Dallek|título=An Unfinished Life: John F. Kennedy, 1917–1963.|ano=2003|páxina=581|isbn=978-0-316-17238-7}}</ref> O autor Anthony Summers, na biografía de [[J. Edgar Hoover]], concluíu que Monroe estaba namorada do Presidente Kennedy e quería casar con el. Cando o romance rematou, Monroe volveuse depresiva. Entón centrouse en Robert Kennedy, quen visitara a Monroe nos Ánxeles o día da súa morte.<ref>{{cita libro|título=Official and Confidential: The Secret Life of J. Edgar Hoover|authorlink=Anthony Summers|ano=1993|nome=Anthony|apelido=Summers|isbn=0-575-04236-2}}</ref>
 
Monroe tivo unha longa experiencia coa [[psicanálise]]. Estaba en análise con Margaret Herz Hohenberg, [[Anna Freud]], [[Ernst Kris|Marianne Rie Kris]], [[Ralph Greenson]] (quen a atopou morta) e [[Milton Wexler]].<ref>Mecacci, Luciano (2009). ''Freudian Slips: The Casualties of Psychoanalysis from the Wolf Man to Marilyn Monroe'' (pp. 1–36, 181–183). Vagabondd Voices, Sulaisiadar 'san Rudha (Scotland). ISBN 978-0-9560560-1-6.</ref>