Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 1:
[[Ficheiro:Occitania blanck map.PNG|miniatura|220px|A «''cançó''», orixinaria da [[Occitania]], influíu na [[cantiga de amor]].]]
Segundo a ''Arte de Trobar'', as cantigas de amor caracterizábanse por seren movidas a razón del (é dicir, desde unha perspectiva masculina), en contraposición ás [[cantigas de amigo]] que eran movidas a razón dela. Dito doutro xeito, as '''cantigas de amor''' son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama, a ''senhor''/''sennor'', tamén a [[Deus]] ou ao mesmo [[amor]]; ou reflexiona sobre el ou sobre a amada. O tema é, igual que nas cantigas de amigo, o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home.
 
== Orixes da cantiga de amor ==
[[ficheiro:William IX of Aquitaine - BN MS fr 12473.jpg|135px|miniatura|[[Guillermo de Poitiers|Guillerme de Poitiers]], o primeiro [[trobador]] provenzal.]]
Segundo unha parte da crítica, as ''cantigas de amor'' [[Galego-portugués|galego-portuguesas]] xorden por imitación da poesía [[trobadorismo|trobadoresca]] provenzal dos séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIV|XIV]], mais contan con adaptacións ao contexto galego-portugués e maila a época en que foron escritas (xa que a «''cançó''» provenzal é máis antiga que cantiga de amor galego-portuguesa), polo que non se trata dunha «mala copia» da lírica occitana (como se tendeu a afirmar durante anos).
 
Porén, desde a óptica actual —e segundo estudosos da literatura medieval como [[Yara Frateschi Vieira]], [[Giuseppe Tavani]] ou [[Xosé Ramón Pena]]— enténdese que a cantiga de amor resulta ser unha forma tan xenuinamente galego-portuguesa como a cantiga de amigo; en realidade, non se trata dunha simple adaptación do lirismo occitano, senón, polo contrario, do resultado do encontro entre unha creación autóctona e os xeitos que chegaron desde alén dos [[Pireneos]]. O corpus galego-portugués conta con 725 textos deste xénero.
Liña 11:
===Orixes===
[[Ficheiro:Court of Love in Provence in the Fourteenth Century Manuscript of the National Library of Paris.png|200px|miniatura|esquerda|Amor cortés na [[Provenza]] no ''Manuscrito'' do século XIV da Biblioteca Nacional de [[París]].]]
O amor cortés, que é o elemento vertebrador da cantiga de amor, consiste no traslado das relacións sociais feudais ao campo amoroso, de maneira que a ''senhor'' galega (''midons'', na [[Occitania]]) pasa a desenvolver o papel de señor feudal, mentres que o poeta tería que sufrir o rol de servo. Como se pode ver, a muller aparece neste caso situada nun cume social, mentres que o home (o poeta) está nun estamento superior. Isto, evidentemente, atentaba contra calquera concepción social, posto que na [[Idade Media]] o poder económico das mulleres era practicamente nulo, se ben é certo que en territorios do sur da Occitania as mulleres contaban cunha independencia económica superior á que tiñan o resto de mulleres do contorno europeo (pois podían herdar e manter os seus bens unha vez casadas). Aínda así, o seu poder socioeconómico non era superior ao dos homes.
 
A ''senhor'', por outra parte, debía ser (ou normalmente era) unha muller casada. E o compositor, debido ao código do xénero, non podía ser o seu marido. Derivado disto, nalgunhas composicións occitanas chégase a declarar a incompatibilidade entre amor e matrimonio. Por este motivo, tense discutido moito sobre a orixe do amor cortés, todas elas elaboradas desde a perspectiva provenzal. Existen tres teorías que tencionan explicar a súa aparición:
* Para algúns investigadores, o amor cortés tería como finalidade a crítica da institución matrimonial, o cal se pode poñer en relación coa incompatibilidade entre o amor e o matrimonio antes exposta. Aínda así, o poderío que a institución eclesiástica posuía naquela altura convida a descartar esta hipótese.
* Outros estudosos consideran que o amor cortés é un trasunto das guerras albixenses, as cales foron realizadas para erradicar a herexía. Así, o poeta representaría o perfecto cabaleiro albixense, a ''midons'' a seita cátara e o marido desta, a [[Igrexa Católicacatólica]], posto que representa o impedimento da felicidade amorosa entre o poeta e a dama. Mais os preceptos [[Catarismo|cátaros]] refugaban de todo o que significase a alegría de vivir, pois pensaban que a alma só podía purificarse cun sufrimento extremo. Alén disto, tamén refugaban eles da ledicia amorosa, posto que para estes as relacións sexuais manchaban o espírito.[[Ficheiro:Codex_Manesse_071v_Kristan_von_Hamle.jpg|miniatura|200px|Amante medieval sendo izado nunha cesta (ilustración do '''''Códex Manesse''''' do século XIV).]]
*No entanto, a terceira das teorías da orixe do amor cortés é a que ten máis aceptación hoxe en día. Trátase da concepción deste como xogo poético. Na fortemente estamentada [[Idade Media|sociedade medieval]], o destino das persoas estaba predeterminado dende o momento do seu nacemento. No caso dos homes, se unha parella tiña máis de dous fillos, o primoxénito estaba destinado ás armas, o segundo á clerecía e, os restantes, normalmente eran enviados á casa do señor feudal correspondente, coa finalidade de formárense intelectualmente e tamén nas armas, e coa intención final de que puidesen gañar nun futuro os seus territorios. Estes últimos fillos (desde o terceiro en diante) debían ser célibes ata o momento do seu matrimonio, mais non debía ser doada a convivencia na casa señorial entre todos os homes novos e solteiros que nela convivían. Por este motivo, o señor feudal debía buscarlles un entretemento que fomentase de forma sa a competitividade entre estes. De aí xurdiría o amor cortés, que sería un xogo poético no que os poetas mozos rivalizan polo amor da dama. Evidentemente, todas as situacións derivadas deste xogo normalmente eran irreais xa que o poeta non tiña porque estar namorado da ''midons''.
Mentres na Occitania a doutrina do amor cortés propugnaba a ''joi d'amor'', é dicir, a consumación do amor físico e espiritual entre o trobador e a dama, esta perspectiva resulta excepcional no lirismo galego-portugués.
 
== Clasificación e recursos formais ==
Non sempre o namorado se dirixe directamente á súa amada, de tal xeito que se pode distinguir entre:
* Cantigas dirixidas directamente á dama.
* Cantigas dirixidas indirectamente á dama. Trátase do conxunto máis abondoso e dentro del caben diversas posibilidades: que o namorado se dirixa a un auditorio indeterminado, a Deus, aos amigos etc.
Unha segunda posibilidade de clasificar as cantigas de amor vén determinada pola presenza ou ausencia de refrán.
* Cantigas con refrán: constitúen o maior número de composicións.
* Cantigas de mestría: trátase de composicións nas que non aparece refrán.
Amais dos recursos do [[paralelismo]], [[leixaprén]] e [[refrán]], tamén son frecuentes: o [[dobre]] (repítense palabras ou segmentos enteiros en lugares fixos), o [[mordobre]] (repítense variantes gramaticais dunha palabra en posición de rima), a [[ata-fiinda]] (a oración final dunha estrofa continúa no primeiro verso seguinte) e a [[fiinda]] (conxunto de versos cos que se dá remate ao poema)<ref>{{Cita libro|título = A poesía lírica galego-portuguesa|apelidos = Tavani|nome = Giuseppe|editorial = Editorial Galaxia|ano = 2001|ISBN = 9788471545619|ref =}}</ref>.
 
==Os graos polos que atravesa o poeta==
Liña 28 ⟶ 38:
==A idealización da muller. A coita e a morte de amor==
[[Ficheiro:Cantiga pipe and tabor.jpg|miniatura|Músicos tocando unha cantiga, miniatura das [[Cantigas de Santa María|''Cantigas de Santa María'']].]]
En todas as cantigas de amor galego-portuguesas, a descrición da ''senhor'' é máis ben abstracta. Isto é debido a que, normalmente, o código da lírica amorosa trobadoresca esixía que a ''senhor'' fose unha muller ideal. Derivado disto, as poucas alusións que atopamos das calidades físicas ou psicolóxicas da muller son moi xerais (''molher de cos ben talhado'', o ''sen''). Mais isto non é sempre así, pois achamos composicións en que esta regra non se cumpre. Así, nunha catigacantiga de [[Johan Garcia de Guilhade]], o autor fai referencia á fermosura dos ollos da dama, ou noutra de Vidal, [[Judeu de Elvas]], achamos alusións ao peito branco da ''senhor''.
 
Fóra dalgunhas excepcións, trátase dunha relación imposíbel, é dicir, dun amor non correspondido. De aí que máis que cantigas de amor son cantigas de desamor. Consecuencias dese estado son, daquela, a perda do sono, a perda do apetito, a imposibilidade de falar diante da amada..., mesmo a loucura provocada por semellante paixón.
Como consecuencia desta idealización, un dos recursos máis recorrentes neste xénero é o da coita de amor, o cal consiste, a ''grosso modo'', no sufrimento que este sentimento provoca no poeta.
 
A coita representa, como xa se dixo en estudos relacionados co tema, unha situación análoga ao sadomasoquismo. O poeta non só sofre, senón que é consciente de que ten que soportar a súa dor para sempre, posto que o amor da dama nunca (ou escasas veces) será correspondido. Diante de tal, a única saída acaba moitas veces por ser a morte. Achamos, aínda así, excepcións a isto, posto que [[Joan Mendiz de Briteiros]] escribiu unha cantiga en que o poeta afirma que deixará de servir a dama porque está farto de que lle faga padecer.
 
Da ecuación ''amor = vasalaxe'' do amor cortés obtemos como resultado a ecuación ''amor = condena''. O suxeito lírico, obrigado entón polo código trobadoresco a serlle fiel á dama, fica condenado a non obter nunca o ben da ''senhor'' e a vivir continuamente nun estado de sufrimento. Tanto é así que temos algunha composición en que o poeta desexa que a dama reciba a coita que el recibe, tal e como encontramos nunha cantiga dun dos máis destacados trobadores galegos, [[Pai Gómez Chariño]], na cal o suxeito lírico acaba afirmando: