Cultura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
m Arranxiño
Liña 4:
'''Cultura''' (do [[lingua latina|latín]] ''cultura'', cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade.
 
Segundo a [[filosofía]] é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en [[bioloxía]] unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos (en xeral microscópicos) para fins determinados (por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc). No diadía-a-día das sociedades [[civilización|civilizadas]] (especialmente a sociedade occidental) e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida recoñecidas como mellores, superiores, ou sexa, [[erudición]]; este sentido normalmente se asocia ao que é tamén descrito como “[[alta cultura]]”, e é empregado apenas no singular (non existen ''culturas'', apenas unha ''cultura'' ideal, á cal os homes indistintamente deben se encadrar).
 
A [[antropoloxía]] encara a cultura como o total de padróns aprendidos e desenvolvidos polo ser humano. Segundo a definición pioneira de [[Edward Burnett Tylor]], baixo a [[etnoloxía]] (ciencia relativa especificamente do estudo da cultura) a cultura sería “o complexo que inclúe coñecemento, crenzas, arte, morais, leis, costumes e outras aptitudes e hábitos adquiridos polo home como membro da sociedade.”