Diferenzas entre revisións de «Conservadorismo»

*Socio-económico > socioeconómico.
(→‎Notas: véxase tamén)
(*Socio-económico > socioeconómico.)
{{1000}}
{{Política}}
En [[política]], denomínase '''conservadorismo''' ao conxunto de [[doutrina]]s, correntes, opinións e posicionamentos, xeralmente de [[centro-dereita]] e [[dereita política|dereita]], que favorecen [[tradición]]s<ref>Enténdese o término «tradición» no sentido de crenzas ou costumes -tanto relixiosos como sociais e políticas- que serían características dun [[pobo]] ou [[nación]]</ref> e que son adversos aos cambios políticos, sociais ou económicos [[radicalismo|radicais]], opoñéndose ao [[progresismo]]. No social, os conservadores defenden [[valor]]es [[Familia (socioloxía)|familiares]] e [[relixión|relixiosos]]. Xeralmente o conservadorismo asóciase ao [[nacionalismo]] e o [[patriotismo]]. No [[Economía|económico]], os conservadores historicamente situáronse como [[Proteccionismo|proteccionistas]] en oposición ao [[mercado libre|librecambismo]] económico. Hoxe en día esta asociación é menos clara, xa que durante o século XX algúns dos partidos conservadores adoptaron posicións [[Liberalismo|liberais]] ao fusionarse con partidos desta tendencia, aliados na defensa do sistema socio-económicosocioeconómico [[Capitalismo|capitalista]]. Consecuentemente, na actualidade no conservadorismo político coexisten diversas posturas sobre o económico.
 
Xa que logo, dado que dentro da mesma corrente, mentres algúns buscan manter as condicións presentes ou un [[progreso]] paulatino dentro dun [[Dereito|orde social]] [[Patrimonio cultural|herdado]], outros buscan volver a situacións anteriores, polo que existe unha certa confusión -ata dentro da mesma cultura [[política]]- acerca de quen serían, nun momento dado, ''conservadores''. [[Martin Blinkhorn]], por exemplo, pregunta: "Quen son os conservadores na [[Rusia]] destes días? Son os [[estalinismo|estalinistas]] irredentos ou os reformadores que aceptaron as visións políticas de dereita dos conservadores modernos, tal como [[Margaret Thatcher]]?".
10.315

edicións