Raio de van der Waals: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''[[Raio atómico|raio]] de [[Johannes Diderik van der Waals|van der Waals]]''' é o raio dunha esfera sólida imaxinaria empregada para modelizar o átomo.
 
Os [[Gas real|gases reais]] non se comportan exactamente como predí o modelo de [[gas ideal]] puidendo ser a desviación considerábel nalgúns casos. Así, por exemplo, os gases ideais non presentan transicións de fase [[Líquido|líquida]] ou [[Sólido|sólida]], independentemente do descenso de [[temperatura]] ou incremento de [[presión]] ao que sexan sometidos.
 
Unha das modificacións da lei dos gases ideais proposta é a [[ecuación de estado de van der Waals]], que introduce dous parámetros '''a''' e '''b''' obtidos experimentalmente e que dependen da natureza do gas. O factor de correcióncorrección '''b''' denominado volume de exclusión, fai referencia tanto ao volume propio dos átomos, coma ao volume circundante no que non pode haber outros porque a esa distancia predominan as forzas de repulsión entre os átomos do gas ([[forzas de van der Waals]]).
 
Unha vez coñecido o valor do volume de exclusión, obtido experimentalmente para axustar a ecuación de van der Waals ao comportamento real do gas, o raio '''r''' pode obterse da ecuación: