Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 182:
A terceira biopsia trata de confirmar esta recaída. Adóitase facer aos 6 meses da reintrodución do glute ou antes se reaparecesen os síntomas ou se producen alteracións analíticas.
 
Coñécese que canto máis prolongado sexa o período no que se mantivo a dieta sen glute, máis probábel é que se retraseatrase a recaída de xeito que a biopsia aos 6 meses pode ser «normal». En tal caso, se a sospeita da enfermidade está ben fundada, deberá repetirse posteriormente.
 
A ESPGHAN, en maio de 1990, en vista dos novos tests serolóxicos revisou os criterios diagnósticos para a celiaquía, segundo os cales se os síntomas (típicos ou atípicos) e a seroloxía son suxestivos, realízase unha soa biopsia, e se se observa melloría coa dieta, se considera confirmado o diagnóstico. A nova revisión en Boston (WCPGHN) en 2000, ratificou ditos criterios. É un tema discutido e discutíbel. Os pacientes deben deixarse guiar polo seu pediatra. A secuencia completa é longa e molesta mais ofrece a maior garantía diagnóstica para unha doenza que é definitiva e que, polo tanto, require un réxime de por vida.