Arquivo do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
{{Coord|43|22|8.52|N|8|23|27.17|W|display=title}}
Liña 1:
{{Coordenadas|43|22|8.52|N|8|23|27.17|W|display=title}}
[[Ficheiro:Archivo del Reino de Galicia.jpg|miniatura|Edificio principal do Arquivo do Reino de Galicia. Fachada que dá ao [[Xardín de San Carlos]].]]
[[Ficheiro:Arquivo do Reino de Galicia - A Coruña.jpg|miniatura|Arquivo]]
 
O '''Arquivo do Reino de Galicia''' é un [[arquivo]] cuxa titularidade pertence ao [[Ministerio de Cultura de España|Ministerio de Cultura]] e cuxa xestión está cedida á [[Xunta de Galicia]] desde [[1989]]. Atópase na [[Cidade Vella da Coruña|Cidade Vella]] da [[A Coruña|Coruña]].
 
Exerce funcións de '''Arquivo Histórico Xeral de Galicia''' e de '''Arquivo Histórico Provincial da Coruña''', polo que custodia a documentación de ámbito galego ou provincial que producen as administracións locais, autonómicas e estatais.
[[Ficheiro:Arquivo do Reino de Galicia - A Coruña.jpg|miniatura|Arquivo]]
 
As súas orixes datan da [[Real Cédula]] emitida por [[Carlos V|Carlos I de Castela]] o [[3 de febreiro]] de [[1529]] e dunha Real Provisión do mesmo monarca e a súa nai, a raíña [[Xoana I de Castela]] do [[1 de marzo]] de [[1543]], cando se ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da [[Real Audiencia de Galicia]], un organismo creado polos [[Reis Católicos]] mediante diversas disposicións a partir de [[1480]]. O seu inicio formal data da Real Cédula de [[Carlos III de España|Carlos III]] emitida o [[22 de outubro]] de [[1775]], cando se crea o Arquivo, asignándolle tamén persoal e unhas normas de funcionamento. A súa sede orixinal era o [[Palacio de Capitanía|Palacio da Real Audiencia]], un edificio que actualmente alberga a Capitanía Xeneral, onde permaneceu até o seu traslado en [[1936]] aos sotos do Palacio de Xustiza. Finalmente, en [[1956]] foi trasladado ao seu actual emprazamento, xunto ao [[Xardín de San Carlos]]. O proxecto foi concibido por [[Antonio Tenreiro Rodríguez|Antonio Tenreiro]] e inaugurado en [[1955]].