m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sen resumo de edición |
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética |
||
Liña 8:
Ao rematar o [[desenvolvemento embrionario]], o organismo resultante recibe o nome de [[feto]] e completará o seu crecemento até o momento do [[parto]].
== Desenvolvemento embrionario na especie humana ==
[[Ficheiro:Tubal Pregnancy with embryo.jpg|miniatura|dereita|250px|Embrión humano ás 5 semanas de xestación (10 mm).]]
O embarazo comeza cando un espermatozoide fecunda a un óvulo e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviduto da muller ([[trompa de Falopio]]). Trinta horas despois da concepción, o cigoto sofre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partir dese momento, segue a se dividir en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, a medida que percorre a trompa de Falopio. Ao cuarto día chega á fase de mórula, unha esfera de células nunha masa embrionaria discoidal. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no [[útero]], entre 4 e 7 días despois da fecundación.
Liña 16:
Perante ese proceso comeza a segmentarse no útero e alcanza o estadio de blástula. Certos trocos no blastocito determinan a diferenciación e a formación de dous macizos celulares: un interno, o [[embrioblasto]], que orixina as estruturas propias do embrión, e outro externo, o [[trofoblasto]] que forma a placenta e os demais anexos embrionarios. O [[endometrio]] nútrese e pode recibir o blastocito e, unha vez alí, este entra en contacto cos vasos sanguíneos maternos. Do mesmo xeito, fórmase o cordón umbilical, que une o embrión á placenta.
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002398.htm Páxina referida ao ciclo do embrión en Medlineplus] {{es}}.
* [http://yourembryo.blogspot.com Desenvolvemento do feto humano] {{en}}.
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Termos zoolóxicos]]
|