393.002
edicións
m (→Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB) |
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética) |
||
Reprodúcese en [[Namibia]] sur e sueste da [[Provincia do Cabo]], [[Suráfrica]]. Cando non está na tempada reprodutora, pode atoparse bastante máis ao norte, ata a desembocadura do [[río Congo]], e esténdese pola costa leste de Suráfrica ata [[Mozambique]]. Na década de 1970, a poboación reprodutora estimábase en arredor dun millón de exemplares só en Namibia. Porén, agora a [[IUCN]] clasifíca a especie como "en perigo" debido a un rápido declive da poboación experimentado nas últimas tres xeracións.<ref name=IUCN/>
É unha ave de cor case enteiramente negra brillante, pero na época reprodutora ten un ton máis purpúreo e algunhas plumas brancas na cabeza, pescozo, e zona [[cloaca]]l.
Aliméntanse xeralmente en bandadas, facendo capturas en bancos de peixes a media profundidade, de [[sardiña]]s, [[anchoa]]s, e pequenos [[ammodítidos]]. As súas presas son normalmente moito máis pequenas que as da especie [[simpátrico|simpátrica]] ''[[Phalacrocorax neglectus]]''. Os seus principais depredadores son os chacais ''[[Canis mesomelas]]'', que capturan ocasionalmente a adultos mentres están pousados descansando, e aves predadoras que actúan no seu lugar de nidación como o corvo mariño ''[[Phalacrocorax carbo]]'', os pelicanos ''[[Pelecanus onocrotalus]]'', e as gaivotas ''[[Larus dominicanus]]''.
== Notas ==
{{Listaref}}
* Johnsgaard, P. A. (1993).
== Véxase tamén ==
* [http://web.uct.ac.za/depts/stats/adu/species/capecormorant.htm páxina sobre o corvo mariño do Cabo] da Unidade de Demografía Animal da [[Universidade de Cidade do Cabo]]
* Cape Cormorant - [http://sabap2.adu.org.za/docs/sabap1/056.pdf Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds].
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Suliformes]]
|