Bienio Moderado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Breve tempo de estabilidade: Arranxos varios, replaced: ademáis → ademais
m Bot: Substitución automática de texto (-Ademáis +Ademais); cambios estética
Liña 1:
O '''Bienio moderado''' é o nome co que se coñece o breve período da [[Historia de España]] transcorrido entre xullo de [[1856]] e xuño de [[1858]], baixo o reinado de [[Isabel II de España|Isabel II]].
 
== O período O'Donnell ==
O final do [[Bienio Progresista]] caracterizouse por unha grande axitación social derivada da escaseza<ref>TUÑÓN DE LARA, Manuel: ''El movimiento obrero en la historia de España'', 1962, volume I, p. 124. "''Conocemos el alza de precios que se acentuó durante el invierno y el verano de 1857, la crisis triguera con la consiguiente escasez de pan. Esta coyuntura va a provocar los motines de dicho verano, que tuvieron su importancia en la caída del Gobierno de Espartero. En Valladolid, ocurrieron los hechos más importantes, aunque también tuviron lugar en Burgos, Palencia, Medina de Rioseco y otras localidades''".</ref>, entre outros, na cidade de [[Alacant]]. As desaveniencias dentro do propio Goberno eran notables, a última foi protagonizada por [[Alfredo Suárez de la Escosura|Escosura]] (ministro da Gobernación) e [[Leopoldo O'Donnell]] (ministro da Guerra) a propósito dun decreto sobre a imprenta<ref>TOMÁS VILLARROYA, Joaquín: ''El proceso constitucional (1843-1868)'', artigo en ''La era isabelina y el sexenio democrático : (1834-1874)'', 1981, ISBN 84-239-4982-6, p. 293.</ref>. Todo isto causou a destitución de [[Baldomero Espartero]] e o nomeamento como Presidente do Consello de Ministros de Leopoldo O'Donnell. Non obstante, o entendemento entre estes dous líderes progresistas acabou por estoupar nesta ocasión. Ao dicir do [[Conde de Romanones]], o propio Espartero entendeu que a Raíña puxo "''dous galos no mesmo galiñeiro''" e retirouse da vida política, marchando a [[Logroño]].
 
Liña 8:
Pero non foi suficiente. En outubro, a Raíña destituiu a O'Donnell e nomeou ao moderado [[Ramón María Narváez]]. Para algúns, a fin do Bienio Progresista produciuse neste momento e non en xullo, aínda que para outros os cambios do novo bienio pódense ver xa co tinerfeño.
 
== Breve tempo de estabilidade ==
Ao longo do ano de goberno do xeneral Narváez pretendeuse volver a deixar as cousas como estaban en [[1854]]<ref>TOMÁS VILLARROYA, Joaquín: ''id'', p. 300.</ref>, restablecento o modelo moderado. Por iso, derogouse a ''Acta Adicional'' de O'Donnell, deixando novamente vixente na súa integridade a Constitución de 1845. Outra controvertida medida foi a declaración de respecto ao Concordato de [[1851]] coa [[Santa Sé]], deixando as últimas [[desamortización]]s sen efecto. AdemáisAdemais, volveuse á estrutura territorial coas atribucións competenciais a Concellos e Deputacións que decretara a Lei de [[8 de xaneiro]] de [[1845]].
 
Non obstante, a decisión máis transcendental e exitosa, pola súa permanencia máis aló dos cambios de modelos de Goberno no século seguinte, foi a promulgación da chamada [[Lei de Instrución Pública de 1857]] ou ''Lei Moyano'', polo nome do seu impulsor, o ministro [[Claudio Moyano]], que estableceu o novo sistema educativo español.
Liña 15:
Pero a crise económica acabou por debilitar a posición do ''Duque de Valencia'', quen ademais se enfrontou ao amante da Raíña, [[Enrique Puigmoltó]]. Foi substituído polos breves Consellos de [[Francisco Armero Peñaranda|Armero]], quen perdeu unha importante votación no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]] fronte a maioría moderada de [[Juan Bravo Murillo]], e [[Francisco Javier de Istúriz|Istúriz]], quen soubo pactar cos deputados moderados, pero non co seu propio Goberno, posto que o seu ministro da Gobernación, [[José de Posada Herrera]], pretendeu convocar novas eleccións apoiándose nun [[censo]] electoral repleto de erros intencionados, cousa que Istúriz rexeitou e acabou presentando a dimisión. A este sucedeulle, novamente, Leopoldo O'Donnell, dando comezo aos [[Gobernos da Unión Liberal]].
 
== Causas da fin do Bienio Moderado ==
Ao longo do período do Bienio Moderado o movemento republicano comezou a acadar unha maior forza e representatividade. Apoiou a ocupación de terras no campo andaluz, o que deu lugar á represión do Goberno, con centos de fusilados (por exemplo, en El Arahal en 1857). AdemáisAdemais a alza dos prezos dos alimentos e os impostos ao consumo provocaron outras revoltas, tamén apoiadas polo republicanismo. Finalmente, a inxustiza no sistema de reclutamento (as quintas), que favorecía a aqueles que tiñan diñeiro para pagar un rescate ou que podían presentar un reemplacista (en ocasións, pagado), provocou unha grande insatisfacción nas clases máis pobres, que tiñan que prestar un servizo militar de oito anos en medio de continuas guerras de prestixio.
 
== Lista de Presidentes do Goberno durante o Bienio Moderado ==
* 14/07/1856-12/10/1856: [[Leopoldo O'Donnell]], de tendencia liberal
* 12/10/1856-15/10/1857: [[Ramón María Narváez]], de tendencia moderada