Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Clima: arranxiño
Liña 142:
 
=== Clima ===
Valencia posúe un clima tipicamente [[clima mediterráneo|mediterráneo]]. Caracterízase por ser suave, cunhacon unaunha temperatura media anual superior aos 17 °C. Os veráns son cálidos e os invernos moi moderados. Durante os meses invernais a temperatura non adoita estar por baixo dos 10 °C. A temperatura máxima rexistrada na cidade foi de 43,0 °C, rexistrada o [[27 de agosto]] de [[2010]], mentres que a mínima absuluta rexistrada na cidade está nos -7,2 °C, rexistrada o [[11 de febreiro]] de [[1956]]. As precipitacións son discretas e presentan o clásico mínimo estival mediterráneo, con dous máximos, un no outono e outro ao remate do inverno e comezo da primavera. As precipitacións son de 454 mm ao ano, mais adoitan ser de gran intensidade e concentradas no outono ([[gota fría]]), rexistrandose 262,6 l/m² o [[17 de novembro]] de [[1956]], sendo a maior precipitación rexistrada nun só día. O maior refacho de vento rexistrouse na cidade o [[25 de febreiro]] de [[1989]], cando a velocidade do vento alcanzou os 117 km/h.
 
<br>