Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 85:
=== O Imperio Español ===
[[Ficheiro:Gerpaz.jpg|miniatura|240px|''La pau de les Germanies'', óleo sobre lenzo, por Marcelino Unceta]]
A raíz do descubrimento de [[América]], a economía europea comezou a bascularse cara o [[Atlántico]], en detrimento do [[Mediterráneo]]. A pesar da unión dinástica con [[Reino de Castela|Castela]], a conquista e explotación de América era unha tarefa exclusiva de Castela, e os valencianos, ao igual que os cataláns, aragoneses e mallorquinos, tiñan vedada a participación. Por mor desta situación, Valencia entrou nunha aguda crise económica, que se manifestou pronto coa [[revolta das Germanies]] (semellantes ás revoltas [[Irmandiños|irmandiñas]] galegas) entre [[1519]] e [[1522]], un movemento dos gremios e do pobo de a pé contra a oligarquía urbana, e de campesiños de clase baixa contra os terratenentes e os seus súbditos mouriscos. Esta revolta rematou cunha cruel represión para os caudillos irmandados por parte da Vicerraíña [[GermanaXermana de Foix]] e supuxo a aceleración do proceso centralizador autoritario monárquico de [[Carlos I de España|Carlos V]].
 
A crise acentuouse durante o [[século XVII]] coa expulsión dos mouriscos no [[1609]], os cales supuñan case un terzo de toda a poboación do [[Reino de Valencia|reino]]. A decadencia tocou fondo coa [[Guerra de Sucesión Española]] de entre [[1702]] e [[1709]] que significou o fin da independencia política e xurídica do [[Reino de Valencia]], ao derrogar [[Filipe V de España|Filipe V]] os ''Furs de València'' (Foros de Valencia). En [[2007]] cumpríronse os 300 anos da decisiva derrota na batalla de Almansa, o [[25 de abril]] de [[1707]]. Na lembranza desta data cada [[25 de abril]] celébrase oficialmente o día das liberdades nacionais valencianas.